Mañá, mércores, seguen no Eido Dourado en Barreiros, os laboratorios creativos que está a impartir durante este verán Lucía Vila

Mañá, mércores, seguen no Eido Dourado en Barreiros, os laboratorios creativos que está a impartir durante este verán Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica. Os obradoiros están a ter un grande éxito entre os máis pequenos da casa que pasan unha hora, de sete a oito da tarde, empapándose de arte nese espazo a carón da praia da Pasada. Os laboratorios creativos rematarán o vindeiro 16 de agosto. Este é o segundo ano no que se están a celebrar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *