GRUPOS DE ESLOVAQUIA, PORTUGAL E CIUDAD REAL PARTICIPARÁN NO XXXV FESTIVAL FOLCLÓRICO DO EMIGRANTE

GRUPOS DE ESLOVAQUIA, PORTUGAL E CIUDAD REAL PARTICIPARÁN NO XXXV FESTIVAL FOLCLÓRICO DO EMIGRANTE, QUE SE CELEBRA ESTE SÁBADO, 6 DE AGOSTO, EN SAN MIGUEL DE REINANTE. O EVENTO PRESENTOUSE HOXE NO CONCELLO.

Barreiros, 4 de agosto de 2016. O Concello acolleu esta mañá a presentación da XXXV edición do Festival Folclórico do Emigrante que terá lugar este sábado, 6 de agosto. Tamén foi presentada a VI Foliada do Emigrante que se celebrará na noite do venres 5.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, manifestou nesta presentación que “o que pediría a todos os turistas e a todos os veciños e veciñas de A Mariña e moi especialmente aos do noso concello, que é unha cita obrigada todos os anos participar neste festival. Tamén se presentaba a VI Foliada do Emigrante que vai ser o venres e para a que pedimos tamén esa participación de todos. É a noite do venres ao sábado na que se vai poder gozar dese folclore galego e do folclore internacional o sábado pola tardiña”.

Pola súa banda o presidente da asociación Arco da Vella, que organiza este festival, Enrique Penabad, comentou que “o venres é a foliada con grupos de gaiteiros e pandeireiteiras. Tocar e bailar en plan informal. Na praza do Souto a partir das 21:30 horas ven xente de Vilalba, de Ribadeo, de A Coruña, da asociación de Arco da Vella, de Lourenzá e o grupo invitado de Ciudad Real”.

Penabad engadiu que “o Festival Folclórico Internacional do Emigrante será o sábado a partir das 22:00 horas no campo de fútbol de As Valgas. Este ano houbo grandes dificultades para confeccionar a parte internacional debido aos atentados en Turquía. Un grupo de Romanía e outro que viña de Asia tiñan xa comprados os billetes vía Estambul, pero non se atreveron a viaxar”.

O presidente de Arco da Vella subliñou que “con iso é todo nós este ano imos ter por parte estranxeira ao grupo Raslavicanik de Eslovaquia e A Rusga de Braga-Portugal. E por parte nacional Virgen de la Sierra de Villarrubia de los Ojos de Ciudad Real e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Ao remate de todo isto haberá unha pequena verbena na praza do Souto co grupo Lecer”.

Festival Emigrante Foliada Barreiros040616 Foto festival emigrante