Esta mañá tivo lugar ás portas do Concello de Barreiros unha concentración en recordo de Miguel Ángel Blanco, o concelleiro do PP en Ermua asasinado por ETA en 1997 e en homenaxe a todas as vítimas do terrorismo. No acto, secundado por persoal municipal, participou o alcalde, Alfonso Fuente Parga.