COMUNICACIÓN DA ASOCIACIÓN DE HOSTELERÍA DE BARREIROS A RESPECTO DA REAPERTURA DOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS

COMUNICACIÓN DA ASOCIACIÓN DE HOSTELERÍA DE BARREIROS A RESPECTO DA REAPERTURA DOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS
Hostelería de Barreiros <hosteleriadebarreiros@gmail.com>
Sáb 09/05/2020 19:39
COMUNICACIÓN DA ASOCIACIÓN DE HOSTELERÍA DE BARREIROS A RESPECTO DA REAPERTURA DOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS
_____
A asociación de Hostelería de Barreiros vén de reunirse de xeito telemático este venres 8 de maio, coa finalidade de poñer en común as sensacións e dúbidas sobre a reapertura do sector hostaleiro. Na conversa grupal acháronse os seguintes puntos de consenso que derivan en que, polo menos a día 11 de maio, ningún dos establecementos adheridos reanudará de momento a súa actividade.
Expóñense a continuación os sentimentos e conclusións compartidas:
– Compártese sensación de dúbidas e incertidume a respecto do como e cando reabrir os negocios,
– Compártese a dúbida, e incluso certo temor, sobre como ofrecer o servizo con garantías sanitarias ante a carencia de medidas oficiais concretas que repercutan en confianza e responsabilidade para con a clientela, o persoal e coa mesma xerencia dos negocios,
– Que dita inseguridade en materia sanitaria conleva consigo inseguridade no eido lexislativo debido a que se descoñece se a forma na que se reabran os establecementos, a falta de medidas oficiais a aplicar, pon en perigo a seguridade sanitaria, e que en caso afirmativo poida acarrear un proceso expedientario ou denuncia,
– A isto engádese que, aínda cando aplicando todas as medidas que se determinen poida darse un foco infeccioso nun establecemento, máis probable é este suposto cando non existe un protocolo estandarizado a aplicar. De darse, este feito suporía a desconfianza no establecemento, e afectaría incluso á contorna como destino turístico,
– A apertura dos aloxamentos (hoteis, pensións, apartamentos, etc.) considérase practicamente inviable cando non se poden producir de momento desprazamentos entre provincias,
– Existe incerteza e descoñecemento sobre que persoal afectado por ERTE debe reincorporse e as dúbidas sobre o mantemento das axudas económicas recibidas por autónomas/os por cese obrigatorio de actividade,
– A incerteza exposta no punto anterior repercute en dúbidas sobre a sostibilidade económica e supervivencia dos negocios, e polo tanto, tamén do equipo que depende do mesmo,
– E a todo o anterior engádese a dúbida a respecto de se aínda sendo posible abrir con todas as garantías, se dará o fluxo de clientela necesario para o sostibilidade económica destes negocios.
Ante a concordancia nestes puntos:
– os establecementos integrantes da asociación de Hostelería de Barreiros informar de que ningún dos establecemento adheridos reabrirá o 11 de maio, xa que aínda que se coñeceran neste preciso momento, 8 de maio, os protocolos en materia de medidas hixiénico-sanitarias a aplicar, non existiría tempo material para acondicionar os espazos, reorganizar a actividade e o persoal, e formar ao equipo como procede para esta nova forma de traballar.
– a reapertura dos establecementos farase de forma escalonada, de acordo ao ritmo de adecuación de cada establecemento á “nova normalidade”, tendo en conta que cada negocio ten a súa casuística particular.
___
Comparten esta comunicación os seguintes establecementos:
– A Lume Manso
– Apartamentos A Palleira
– O Asador
– A Yenka
– Bar Lozano
– Cabanas da Barcela
– Café Bar Moderno
– Casa Melva
– Casa Brais
– Cafetería Centro Social
– Nicanor
– Hotel A Finca
– Ría do Masma
– Rías Altas
– Tentempé PeregrinoLa imagen puede contener: texto