Archivo de la categoría: festas

Billarda polo San Rosendo

Billarda polo San Rosendo

04-03-18

La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, cielo y exterior

Barreiros 4-3-18. No campo da festa de San Miguel (Barreiros), nunha tarde fría e por veces con algo de choiva, celebrouse o habitual torneo de billarda do “San Rosendo”.
Ca inestimable colaboración de “Peque” por parte da comisión e de “Manolito Flores”, un fato de palanadores se deron cita neste aberto que forma, xa por méritos propios, parte da programación da tempada da Liga Nacional de billarda da conferencias NorLeste.
Ainda que os resultados finais non contan para a clasificación da liga, pois o importante e pasar una agradable xornada de billarda e deportiva amizade, si que hai sana loita por levarse os agasallos en xogo.
Nesta ocasión Manu Pozo (de Billardeiros Musicais) foi o primeiro e merecedor do lacón. Segundo o seu compañeiro de equipo Daniel, que pillou una cachucha e terceiro quedou Muriego (de Remourelle Bulls), que levou una ristra de chourizos.
Parabéns a tódolos palanadores e graciñas a Peque por seguir apostando pola difusión deste noso xogo tradicional.

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu na tarde de onte a celebración do Festival de Entroido Infantil e Xuvenil

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu na tarde de onte a celebración do Festival de Entroido Infantil e Xuvenil. Houbo baile, música, desfile, maxia e agasallos para todos os participantes, ademáis de premios para os mellores disfraces. Os cabezudos non quixeron perder esta cita e estiveron acompañando e animando aos asistentes.
O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido, que terá lugar o 16 de febreiro a partir das 21:00 horas na Praza do Concello. Unha vez rematado o desfile, ás 22:30 horas celebrarase unha cea na Praza do Concello, servida polo catering Chao dos Navais, na que o menú estará composto por empanada, entrantes fríos, churrasco, pan, bebida e postre a un prezo de 15 euros por persoa. O teléfono para reservas é o do Concello de Barreiros 982 124 002, e a retirada de tarxetas farase no Concello ata o 13 de febreiro de 9:00 a 14:00 horas previa reserva. Ao final da cea procederase á entrega de premios e terá lugar o Baile de Entroido amenizado polo grupo musical Lecer.
Este programa do Entroido está organizado polo Concello coa colaboración dos Comerciantes de Barreiros, Os Macanudos, Habelas Hainas e Catering Chao dos Navais.La imagen puede contener: 2 personas, personas de pie e interior

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA PARA O 16 DE FEBREIRO O DESFILE E BAILE DE ENTROIDO. TAMÉN HABERÁ CEA

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA PARA O 16 DE FEBREIRO O DESFILE E BAILE DE ENTROIDO. TAMÉN HABERÁ CEA.

Barreiros, 7 de febreiro de 2018. O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido, que terá lugar o 16 de febreiro a partir das 21:00 horas na Praza do Concello. O programa e o cartel foron presentados hoxe. No acto estiveron o alcalde, Alfonso Fuente, e representantes dos colectivos colaboradores.

Este desfile percorrerá as rúas do pobo e contará coas actuacións das comparsas Habelas Hainas e Os Macanudos. Os premios para as comparsas e charangas serán de 300 euros para o primeiro, 250 para o segundo e 150 euros para o terceiro. Na categoría de adultos grupo o primeiro recibirá 100 euros e 50 o segundo. En adulto parella o primeiro premio será de 60 euros e o segundo de 40, e en adulto individual o primeiro premio é de 50 euros, o segundo de 30 e o terceiro de 20 euros. Na modalidade infantil grupo o primeiro clasificado recibirá 60 euros e 40 o segundo, en infantil parella o primeiro premio é de 40 euros e o segundo de 20, e en infantil individual o primeiro corresponderanlle 50 euros, 30 ao segundo e 20 euros ao terceiro.

Unha vez rematado o desfile, ás 22:30 horas celebrarase unha cea na Praza do Concello, servida polo catering Chao dos Navais, na que o menú estará composto por empanada, entrantes fríos, churrasco, pan, bebida e postre a un prezo de 15 euros por persoa. O teléfono para reservas é o do Concello de Barreiros 982 124 002, e a retirada de tarxetas farase no Concello ata o 13 de febreiro de 9:00 a 14:00 horas previa reserva.

Ao final da cea procederase á entrega de premios e terá lugar o Baile de Entroido amenizado polo grupo musical Lecer.

Este programa do Entroido está organizado polo Concello de Barreiros coa colaboración dos Comerciantes de Barreiros, Os Macanudos, Habelas Hainas e Catering Chao dos Navais.

O 11 DE FEBREIRO CELÉBRASE EN BARREIROS O FESTIVAL DE ENTROIDO INFANTIL E XUVENIL

O 11 DE FEBREIRO CELÉBRASE EN BARREIROS O FESTIVAL DE ENTROIDO INFANTIL E XUVENIL. HABERÁ BAILE, MÚSICA E DESFILE DE DISFRACES E AGASALLOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES.

Barreiros, 30 de xaneiro de 2018. O 11 de febreiro terá lugar o Festival de Entroido Infantil e Xuvenil 2018, que organiza o Concello barreirense a través da Concellería de Cultura e da Oficina Municipal de Infomación Xuvenil.

Ese día de 17:30 a 20:15 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro haberá baile, música e desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para os disfraces individuais, parella e grupo e tamén agasallos para todos os participantes. Os rapaces e rapazas asistentes gozarán tamén da actuación de Chrystian Magic. A festa contará coa animación e o acompañamento dos cabezudos.

Desde o Concello animan a nen@s e rapaces a asistir a esta cita co Entroido en Barreiros.