Archivo de la categoría: festas

Celeiro de Mariñaos, de nuevo «capital» mariñana de tortilla

Celeiro de Mariñaos, de nuevo «capital» mariñana de tortilla

Será la vigésimo cuarta edición de un clásico gastronómico en la comarca, con variante gigante

CEDIDA
BARREIROS/LA VOZ 

Viernes 16 y sábado 17 • Celeiro de Mariñaos • A la semana que entra habrá que echarle, literalmente, pero que muchos «huevos». Y es que a las fiestas del huevo frito que el miércoles 14 coincidirán en hora en Cervo y en Barreiros, sumaremos ya en el fin de semana, concretamente en los días 16 y 17, la XXIV Festa da Tortilla que ha sido presentada ante el mundo por parte de la comisión organizadora de la Romería de San Caetano, Irmandade San Caetano, prometiendo una «oferta lúdica, musical e gastronómica ampla e variada» y ya desde el viernes, para calentar motores antes que la sartén.

En el plano sonoro, amenizarán Xaramolo, Lou Band, Paco Nogueiras, Almas de Contrabando y Chechu e Salva. Baile garantizado.

El concurso

El sábado habrá dos concursos de tortillas, uno de ellos elaborándolas en el momento, más la preparación, con todo lo que en infraestructura y materia prima requiere, de la famosa tortilla gigante. Y aún más… cita con motos clásicas, vespas y lambretas.

INFORMACIÓN SOBRE AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO

INFORMACIÓN SOBRE AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO

Fecha de publicación:
Miércoles, 19 Junio, 2019 – 17:49

Os veciños interesados en realizar as fogueiras de San Xoán e San Pedro deberán comunicalo nas oficinas municipais ou chamando ó 982124002, indicarán os datos da persoa que se responsabiliza e o lugar onde se acenderá. As fogueiras desas noites (días 23 e 28 de xuño) deberán ser á noitiña, cumprindo coa tradición, e para evitar sustos deben cumprir unha serie de requisitos:

– Non deben facerse fogueiras dunha altura elevada, nin preto de lugares con vexetación ou a menos de 10 metros de tendidos eléctricos ou telefónicos.

– Non se poden facer lumeiradas preto de locais ou depósitos que conteñan materiais inflamables, nin tampouco preto de infraestruturas e elementos -públicos ou privados- que poidan verse afectados.

– Non está permitido prender a fogueira se existe un exceso de vento.

– Cómpre evitar usar nas fogueiras materiais que xeren grandes charamuscas (pólas de eucalipto con follas secas, papeis, etc…) que poden chegar acesas moi lonxe.

– É necesario ter auga preto para actuar ante posibles escapes.

– Non se permiten empregar na fogueira materias contaminantes (pneumáticos, aerosois…).

– Cómpre deixar a fogueira completamente apagada antes de marchar.

– En caso de haber algún problema hai que chamar ós teléfonos 085 ou 112 (a chamada é gratuíta).

O Concello porá en coñecemento do distrito forestal as comunicacións que se fagan.

O próximo sábado día 30, as 5 da tarde, no Centro Cívico Manuel Díaz Sampedro, actuarán o Coro Son Elas, a entrada e gratuita e para todolos públicos

Bo día.
O próximo sábado día 30, as 5 da tarde, no Centro Cívico Manuel Díaz Sampedro, actuarán o Coro Son Elas, a entrada e gratuita e para todolos públicos.
Este Concerto podese levar acabo grazas a que e finanzado pola Deputación de Lugo.

Carmen Veiga
Portavoz do PSOE no Concello e
Candidata a Alcaldía.

Saudos e grazas.

EN BARREIROS O DESFILE E BAILE DE ENTROIDO SERÁ ESTE VENRES, 8 DE MARZO, NA PRAZA DO CONCELLO

EN BARREIROS O DESFILE E BAILE DE ENTROIDO SERÁ ESTE VENRES, 8 DE MARZO, NA PRAZA DO CONCELLO.

Barreiros, 6 de marzo de 2019. O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido este venres, 8 de marzo. Será pola noite na praza do Concello.

Ás 21:00 horas dará comezo o desfile que terá lugar na praza do Concello, e en caso de que o tempo non acompañe trasladarase ao polideportivo.

A partir das 22:30 horas celebrarase a cea. O menú estará composto por empanada, entrantes fríos, churrasco, pan, bebida e postre. O prezo é de 17 euros por persoa. A venta e retirada de tarxetas pode facerse no Concello de Barreiros, de 9:00 a 14:00 horas e no teléfono 982 124 002 ata hoxe, 6 de marzo.

Rematada a cea terá lugar o Baile de Entroido, que estará amenizado polo grupo musical Lecer e no se fará entrega dos premios do Desfile.

Haberá premios para Infantil Individual de 30€ ao 1º e 20€ ao 2º, Infantil Parella de 40€ ao 1º e 30€ ao 2º, e Infantil Grupo de 60€ ao 1º e 40€ ao 2º. Na categoría de Adulto Individual serán de 50€ ao 1º e 30€ ao 2º, en Adulto Parella 60€ ao 1º e 40€ ao 2º, e en Adulto Grupo 100€ ao 1º e 50€ ao 2º. Na categoría de Comparsas e Charangas os premios serán de 300€ ao 1º, 250€ ao 2º, 150€ ao3º e 100€ ao 4º. Se algún premio quedara deserto, a organización resérvase o dereito de poder asignalo a outros participantes doutras categorías.

Colaboran co Concello barreirense na organización do evento: Comerciantes de Barreiros, Os Macanudos, Habelas Hainas e Chao dos Navais.