FESTA INFANTIL DE SAMAÍN EN BARREIROS 

FESTA INFANTIL DE SAMAÍN EN BARREIROS

Barreiros, 24 de outubro de 2019. O Concello de Barreiros organiza para o xoves, 31 de outubro unha festa intantil para celebrar o Samaín. Terá lugar nas escolas ao lado do Concello en horario de 10:00 a 13:30 e está dirixida a nenos e nenas de educación infantil e primaria (nados entre os anos 2008 e 2016).

Daniel García concelleiro de dinamización e participación veciñal apunta que: “Será unha actividade lúdica que achegará ós mais pequenos a descubrir unha festividade tradicional como o Samaín e na que poderán, por medio das actividades programadas, descubrir distintos usos que lle podemos dar ás cabazas no día a día así como decorar a casa do Concello”

Entre as actividades que se desenvolverán ese día haberá un obradoiro de cabazas, manualidades, lectura de contos de Samaín, decoración da Casa do Concello e unha degustación de comida terrorífica cortesía da Asociación Hostelería de Barreiros que colabora con este evento.

As inscricións xa están abertas na Biblioteca Municipal e nas Oficinas Xerais do Concello, data límite o luns 28 de outubro.