Archivo de la categoría: Deportes

RECTA FINAL PARA A CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS, QUE SE CELEBRARÁ EN BARREIROS O DOMINGO. AS INSCRICIÓNS PÉCHANSE O VENRES, DÍA 19, ÁS DOCE DO MEDIODÍA

RECTA FINAL PARA A CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS, QUE SE CELEBRARÁ EN BARREIROS O DOMINGO. AS INSCRICIÓNS PÉCHANSE O VENRES, DÍA 19, ÁS DOCE DO MEDIODÍA.

Barreiros, 15 de abril de 2019. Este próximo, 21 de abril, terá lugar en Barreiros a VII Carreira Popular das Praias, organizada pola asociación deportivo cultural Praias e Comado,  e coa que colaboran o Concello de Barreiros e a agrupación de Protección Civil. As inscrición péchanse o venres ás doce do mediodía.

A zona de carreira estará ubicada, como en anteriores ocasións en Punta Anguieira – San Bartolo, diante do Hotel Ría do Masma.

As carreiras infantís serán a partir das 11 horas con circuítos adaptados a cada categoría e integramente pola area da praia de Altar.

A carreira absoluta será a partir das 12.15 do mediodía, aproveitando a marea baixa. Sairá da praia de Arealonga e a meta estará situada na praia de Altar, para un total de case quilómetros nos que os participantes pasarán por todas as praias de Barreiros, agás a de Anguieira por tratarse dunha praia de ría.

A característica principal desta carreira é que o circuíto transcorre nun 80% pola propia area mollada das praias, o que a fai especialmente atractiva para o disfrute dos participantes.

A organización pon a disposición dos atletas un servizo de autobús para os traslados dende a zona de meta ata a saída.

A entrega de trofeos será ás 13 horas para os máis cativos e ás 13.30 horas para os adultos. Ao remate haberá uns pinchos para os participantes e acompañantes.

Toda a información e inscricións para a carreira están na web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com ou no tfno. 649 57 13 60.

http://carreirapopulardaspraias.jimdo.com

CONVOCATORIA DO CELTA BARREIROS FC

CONVOCATORIA DO CELTA BARREIROS
No hay descripción de la foto disponible.
A directiva do C.F. Celta Barreiros invita a socios e afeccionados a asistir o vindeiro domingo, 14 de abril, ao partido que o enfrontará ao AD Matela, na fase de ascenso a segunda rexional. O equipo barreirense gañou 2-0 na casa, “entón imos con moita ilusión o domingo a ver este encontro e queremos que moitos socios, socias e afeccionados en xeral nos acompañen”, sinalan desde a propia directiva. 
Haberá autobús e entrada de balde para todas as persoas que se animen a viaxar o vindeiro domingo co Celta Barreiros. O bus sairá ás tres da tarde das inmediacións do restaurante O Asador, na Cruz do Lobo. 
TELÉFONO DE CONTACTO: Manolo – Presidente 659392666

O 21 DE ABRIL TERÁ LUGAR EN BARREIROS A VII CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS

O 21 DE ABRIL TERÁ LUGAR EN BARREIROS A VII CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS. O EVENTO FOI PRESENTADO POR VARIOS ORGANIZADORES E AFECCIONADOS AO ATLETISMO POPULAR, QUE ESTIVERON ACOMPAÑADOS POLO ALCALDE, ALFONSO FUENTE.

Barreiros, 24 de marzo de 2019. O 21 de abril terá lugar en Barreiros a VII Carreira Popular das Praias. O evento foi presentado por varios organizadores e afeccionados ao atletismo popular, que estiveron acompañados polo alcalde, Alfonso Fuente Parga.

A carreira comezará ás 11.00 horas na praia de Altar en Barreiros (Lugo). As carreiras infantís serán todas no propio areal con distancias adaptadas en cada categoría, mentres que a absoluta terá a saída na praia de Arealonga (Reinante) e percorrerá todas as praias de Barreiros ata rematar en Altar. Trátase dunha distancia aproximada de 10 quilómetros.

A entrega de dorsais será en Punta Anguieira, diante do Hotel Ría do Masma, habilitando a organización un servizo de autobuses para o traslado de participantes dende a zona de meta á saída. Ao remate da carreira será a entrega de trofeos e haberá tamén uns pinchos para os participantes e acompañantes.

A Carreira Popular das Praias está confirmada como unha das máis fermosas de Galicia por tratarse dunha proba fora do común e polas paraxes polas que discorre. Así mesmo os organizadores confían en consolidala en participación nesta 7ª edición, tratando de fomentar o deporte na zona ao mesmo tempo que dar máis a coñecer as fabulosas praias de Barreiros.

As persoas interesadas en participar nesta cita poden atopar toda a información e realizar as inscricións están na web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com