Caminos de Barreiros

🗺 EXPOSICIÓN PÚBLICA DO INVENTARIO DE CAMIÑOS
🚦 Desde hoxe, e durante o prazo de UN MES, o inventario de camiños municipais que se aprobou inicialmente no pleno do 27 de setembro de 2021, atópase a exposición pública para que, os e as veciñas interesadas poidan examinar o expediente e formular as reclamacións ou suxestións que estimen oportunas.
🌐 O inventario de camiños está accesible desde a web municipal https://www.concellodebarreiros.gal para a súa consulta mediante un visor cartográfico. As persoas que non dispoñan de medios dixitais para a súa visualización poden achegarse ao Concello de 9:30 a 14:30 de luns a venres e consultar en papel os mapas do inventario.
🗣 Estes días o persoal técnico municipal está a facer unhas xornadas informativas polas parroquias do concello co fin de dar a coñecer o proxecto á veciñanza e resolución de dúbidas xerais.
🕖 Ademais destas charlas, o persoal municipal estará a disposición da veciñanza para resolver cuestións concretas os martes de 9 a 14 horas e os xoves de 9 a 14 e de 16:30 a 19:30 nas oficinas técnicas situadas na primeira planta do Concello a partir do xoves 14 de outubro.
ℹ️ Info das vindeiras xornadas informativas:
📍 Reinante – Xoves 7 de outubro ás 17 h.
📍 San Miguel – Xoves 7 de outubro ás 19 h.
📍 Cabarcos – Mércores 13 de outubro ás 10:30 h.
📍 Celeiro – Xoves 14 de outubro ás 10:30 h.