A Deputación continúa en Barreiros mellorando a estrada das praias cun novo investimento de 120.000€

A Deputación continúa en Barreiros mellorando a estrada das praias cun novo investimento de 120.000€

Puede ser una imagen de al aire libre y texto que dice "VOLVO"

Lugo, 6 de outubro de 2021. A Deputación de Lugo continúa mellorando en Barreiros a estrada provincial LU-P-0610, coñecida como a estrada das praias, cun novo investimento de 120.777€ para mellorar o treito entre o punto quilométrico 1,400 e 3,241. Este mércores comezaron os labores de aglomerado en quente que, previsiblemente, quedarán rematados esta semana.

Estas melloras súmanse ás executadas á continuación deste treito, entre os puntos 3,400 e 5,400 onde a Deputación de Lugo investiu 91.300€. Polo tanto, o investimento total da administración provincial nesta estrada alcanza os 212.000€, entre as dúas actuacións. Unha aposta da institución provincial por esta vía que ten unha gran relevancia social e que soporta moito tráfico, sobre todo no verán, ao dar servizo ás praias, aos servizos de restauración e ás vivendas que se atopan ao carón da costa.

Os traballos comezaron coa reapertura de cunetas coa eliminación de vexetación e a adecuación do terreo, agora estase facendo a pavimentación en quente e unha vez remate, farase a correspondente sinalización horizontal con marcas reflexivas brancas.

Deste xeito, a Deputación continúa a mellorar a rede viaria provincial, favorecendo deste xeito a seguridade, o equilibrio territorial e a calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia de Lugo.