A carreira Medio km vertical Monte Comado de Barreiros celebrarase o 16 de outubro

09 Outubro, 2021

Barreiros, 9 de outubro, 2021. Este venres foi presentada a 7ª edición da Carreira “Medio km Vertical Monte Comado”, que se celebrará en Barreiros o vindeiro sábado 16 de outubro.

A dita presentación, ademáis de membros da Asociación Deportivo Cultural Praias de Comado, asistiron Mari Carmen Veiga, Segunda tenencia de Alcalde e Daniel Gacía, Concellal de deportes. Ademáis do Concello de Barreiros, na edición da carreira, colabora a Xunta de Galicia a través do delegado provincial de deportes, Manuel Otero, que non puido asistir á presentación oficial debido ó loito decretado pola Xunta de Galica.

Nesta edición, a organización propón unha volta á orixe, posto que a primeira edición das Carreiras Monte Comado consitía igualmente nun 1/2 km vertical, para nas edición posteriores combinar esta proba con un ou dous trails de diferentes distancias. Este cambio foi debido en gran parte ás restriccións COVID que se plantexan neste tipo de probas, posto que a organización sempre aposta por fomentar o ambiente popular previo e post-carreira, organizando un pincheo fin de carreira tanto para corredores como acompañantes, algo que non está permitido nestas datas.

A característica fundamental desta carreira é que nunha distancia relativamente curta, pouco máis de 4 km., a altura que se gaña é moita, case 500 m., desnivel positivo que se incrementa en gran medida na segunda parte da proba.

Outro dos grandes alicientes son as espectaculares vistas das que se pode disfrutar dende gran parte do percorrido, especialmente na zona de meta ó igual que o gran ambiente que se vive na zona de chegada.

As inscripcións estarán abertas ata o día 12 de outubro e poderanse realizar na web da empresa de cronometraxe ChampionchipNorte. Toda a información sobre a carreira e as edicións anteriores está tanto na páxina web como na páxina de Facebook da carreira.

http://carreirapopulardaspraias.jimdo.com