Barreiros mellora os colexios e organiza para os rapaces un curso de adestramento persoal

Barreiros mellora os colexios e organiza para os rapaces un curso de adestramento persoal

As actividades impártense no ximnasio municipal

.
NO DISPONIBLE
BARREIROS / LA VOZ 

O Concello de Barreiros informa que levou a cabo diversas melloras de mantenemento nos colexios do seu municipio de cara ao comezo do novo curso escolar.

Por outra banda o rexedor, Alfonso Fuente, tamén presentaba onte un curso de adestramento persoal, novidoso, dirixido aos mozos.

Hoxe, 15 de setembro, darán comezo no ximnasio municipal de Barreiros unhas sesións de adestramento persoal que terán lugar ata o 13 de outubro. A actividade, que era presentada polo alcalde, Alfonso Fuente, e tamén polo concelleiro de Deportes, Adrián Blanco, é gratuíta, e desenvolverase os mércores e venres en horario de 16:00 a 20:00 horas, en clases dunha hora de duración. Xa saben, pois, os rapaces e rapazas, a manterse en forma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.