BARREIROS CONTA DENDE HOXE CUNHA NOVA GUÍA TURÍSTICA PUBLICADA POLO CONCELLO

TiuloTurismoBarreiros260115 Foto guia BarreirosBARREIROS CONTA DENDE HOXE CUNHA NOVA GUÍA TURÍSTICA PUBLICADA POLO CONCELLO. ESTA TARDE FOI PRESENTADA NA VILA E DURANTE ESTA SEMANA DARASE A COÑECER EN FITUR.

Barreiros, 26 de xaneiro de 2015. O Concello de Barreiros ven de presentar unha nova guía turística cunha tirada de mil exemplares, que será presentada durante esta semana en FITUR. Antes, esta mesma tarde, foi presentada aos veciños e veciñas e aos hostaleiros de Barreiros no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, coa presenza dos seus autores: Roberto Díaz e Emilio Piñeiroa.

O alcalde barreirense, Alfonso Fuente Parga, anunciou que “hoxe demos a coñecer a todos os hostaleiros de Barreiros que participaron nela, e aos que non, así coma a todo o público en xeral, a nova guía de Barreiros. Levábamos uns anos que estábamos esgotando aquel material de información turística que tíñamos e queríamos facer unha guía nova  que recollera todo o que hai novo no noso Concello. Agora viu a luz esa nova guía e hoxe presentouse nun acto no que estiveron presentes, Roberto Díaz e Emilio Piñeiroa, que foron os que traballaron nesa guía e na súa documentación. Na propia guía tamén hai algunha participación de José de Cora, e logo tamén está o equipo de fotografía, xa que na maioría dos casos hai unhas fotografías feitas cun drone, que  da unha perspectiva distinta á que tíñamos dalgunhas praias ou zonas”.

O rexedor explicou que “para comezar fixemos unha tirada inicial de 1.000 exemplares, e despois, a medida que sexa necesario, irase reeditando. Precisamente, fixemos primeiro unha tirada pequena para que se aparece algún erro poidamos ir corrixíndoo nas próximas tiradas. Pretendemos levar este material a FITUR, sempre entendendo que traballamos en promover A Mariña lucense de forma conxunta, pero sen querer dicir isto que os alcaldes que imos a estar alí presentes non representemos ao noso Concello. Aínda que eu participe coma presidente da Mancomunidade, é certo que tamén son o alcalde de Barreiros e vou a defender os intereses de Barreiros en FITUR. Por iso, imos ter alí a guía de Barreiros para que a xente poida interesarse polo noso concello”. Alfonso Fuente Parga engadía ademais que “sempre todos os traballos deste tipo son mellorables, seguro, pero eu creo que quedou unha guía que di moito do que é Barreiros e destaca  aqueles sitios do noso concello de interese turístico para visitar. Unha guía, na que calquera que a poida seguir pode ver todo o que queira de Barreiros, a onde dirixirse e todo tipo de información sobre o noso municipio”.