A PRAZA DE SAN BARTOLO SERÁ ESCENARIO MAÑÁ, MÉRCORES, DUN ESPECTÁCULO DE ILUSIONISMO

A PRAZA DE SAN BARTOLO SERÁ ESCENARIO MAÑÁ, MÉRCORES, DUN ESPECTÁCULO DE ILUSIONISMO.Ilusionismo Barreiros

Barreiros, 23 de agosto de 2016. A praza de San Bartolo acollerá mañá, mércores, un espectáculo de ilusionismo denominado Palabras máxicas, a cargo do mago Dani García. Será a partir das 20:00 horas.

Trátase dunha actividade de dinamización lingüística, que se enmarca na programación Galicia Culturea, da Xunta e conta coa colaboración do Concello de Barreiros.

En caso de chuvia o espectáculo trasladarase ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, segundo informan desde o Concello barreirense.