Os alumnos e alumnas do taller de memoria do Concello de Barreiros celebraron o fin de curso cun xantar. Ao remate o alcalde, Alfonso Fuente, fíxolles entrega dos diplomas de asistencia ao taller, que foi organizado polo departamento de Servizos Sociais. Os participantes tamén recibiron un agasallo de mans do rexedor “para non perder o hábito de traballo durante o verán”.