#BANDO SOBRE NOVAS MEDIDAS DO CONCELLO DE BARREIROS PARA FREAR A CRISE SANITARIA DO COVID-19

#BANDO SOBRE NOVAS MEDIDAS DO CONCELLO DE BARREIROS PARA FREAR A CRISE SANITARIA DO COVID-19

Tras a publicación do Real Decreto 463/2020 (BOE núm. 67 do 14 de marzo) polo que se decreta o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID19, o concello de Barreiros vén de adoptar novas medidas para evitar situacións de risco; das que se INFORMA:

1️⃣PRIMEIRO.- Téñense declarado servizos públicos municipais esenciais, con carácter inicial e susceptibles de ampliación ou modificación posterior, os seguintes:
a) Atención á veciñanza (telefónica e telemática)
b) Informática
c) Rexistro xeral
d) Padrón de habitantes
e) Servizos Sociais
f) Brigada municipal de mantemento de espazos públicos
g) Servizo de abastecemento de auga potable
h) Servizo de depuración de augas residuais
i) Limpeza de locais públicos
j) Recollida de lixo e limpeza viaria
k) Electricidade e iluminación pública
l) Secretaría-intervención-tesourería (rexistro telemático de facturas e pagamento a provedores)

2️⃣SEGUNDO.- A atención á veciñanza será unicamente telefónica e telemática. Só se atenderá presencialmente por razóns de urxencia, previa cita nos teléfonos ☎️982124002 (administración xeral – horario de 9 a 14hs) ou ☎️608038952 (servizos sociais).

3️⃣TERCEIRO.- Para cuestións de carácter urxente que se produzan fóra do horario de 9 a 14hs. habilítanse os seguintes teléfonos:☎️619515400 (administración xeral) e ☎️608038952 (servizos sociais).

4️⃣CUARTO.- Para dúbidas ou cuestións non urxentes habilítanse os seguintes enderezos electrónicos:
➡️ registro@concellodebarreiros.com (administración xeral)
➡️ asistenciasocial@concellodebarreiros.com (servizos sociais)

5️⃣QUINTO.- Ponse en marcha un servizo de 🤝voluntariado para a realización de compras de primeira necesidade para aquelas persoas con risco para a saúde, en coordinación cos servizos sanitarios, que operará do seguinte xeito:
A persoa con risco debe permanecer na súa vivenda e chamar ao 608038952 para trasladar a necesidade.
Os servizos sociais articularán cos medios propios ou persoal voluntario as compras a realizar, que se farán evitando os máximos desprazamentos, polo que deben acumularse pedidos; valorando os casos urxentes.
O persoal municipal ou voluntario estará en contacto coa persoa demandante do servizo para a realización da compra, pago e entrega da mesma.

6️⃣SEXTO.- O Concello de Barreiros ponse a disposición de xestionar espazos para aqueles pacientes que deban permanecer illados por razón de saúde e non poidan garantir ditas condicións nas súas vivendas. A necesidade de ditos espazos debe ser comunicada no ☎️ 608038952 e valorarase polo departamento de servizos sociais en colaboración cos servizos sanitarios.

7️⃣SÉPTIMO.- As persoas que queiran participar como voluntarias nos programas explicados nos puntos quinto e sexto deben enviar un correo electrónico a asistenciasocial@concellodebarreiros.com. Só en caso de imposibilidade, co fin de evitar a saturación da liña, poderán chamar ao 608038952.

8️⃣OITAVO.- O servizo de recollida de residuos e enseres a domicilio queda suspendido, salvo casos de urxencia que deben ser previamente notificados e autorizados no ☎️606011564.

O que se fai público para coñecemento xeral, en Barreiros a 16 de marzo de 2020. A alcaldesa,
Ana Belén Ermida Igrexas

Podes descargar o Bando en pdf aquí 👉 http://bit.ly/2QlyZIq