El fuego quema 30 metros en el paseo de San Bartolo, en Barreiros

El fuego quema 30 metros en el paseo de San Bartolo, en Barreiros

Terreno calcinado. AMA
 Terreno calcinado. AMA
La rápida intervención de los bomberos del parque barreirense fue clave en la extinción

Un incendio originado hacia las seis de la tarde de este viernes en el paseo marítimo de la playa de San Bartolo, en Barreiros, calcinó unos 30 metros de terreno, donde había depositadas podas.

La rápida intervención de los bomberos del parque barreirense favoreció su extinción, con ayuda de la  mototomba del Concello.

O Cámping A Gaivota de Barreiros traballa para poñer en marcha unha escola de surf e unha surf camp

La imagen puede contener: exterior

O Cámping A Gaivota de Barreiros traballa para poñer en marcha unha escola de surf e unha surf camp

09-08-19

 Barreiros, 9 de agosto de 2019. O Cámping A Gaivota de Barreiros traballa para poñer en marcha unha escola de surf e unha surf camp para estes deportistas (aloxamentos singulares para surfistas). O propietario destas instalacións, Celso Dourado, anuncia que este proxecto verá a luz en setembro.
Dourado explicou que “dende o Cámping A Gaivota levamos un tempo traballando na creación dunha escola de surf e paralela a ela a creación dunha surf camp, que serían unha serie de aloxamentos na súa maioría móbiles pensados única e exclusivamente para os surfistas”.
O xerente e propietario do Cámping A Gaivota, de Barreiros, dixo que “é unha idea que nos estivo a roldar durante os últimos anos, dada a enorme afluencia de surfistas que temos no noso cámping porque xusto diante del se dan as condicións idóneas para a práctica deste deporte. Son un pouquiño unha serie de surfistas vascos, en concreto de Sopelana, os que están traballando con nós para que poñamos en marcha esta iniciativa un tanto complexa, pero que co seu asesoramento esperamos sacala adiante. Os aloxamentos van ser moi singulares, moi orixinais, e están pensados sobre todo para estes deportistas”.
Celso Dourado engadiu que “estamos dándolle forma ao proxecto, coa posible sociedade con xente preparada dentro do mundo do surf para a creación da escola, e os aloxamentos na súa gran parte están en marcha. Esperamos dalos rematados cara a setembro e senón si que terían que esperar á próxima tempada. Intentaremos empezar coa escola de surf a últimos de verán. A posta en marcha desta iniciativa, a escola de surf e a surf camp, foi lenta dado unha serie de condicionamentos, pero esperamos cara a setembro tela un pouquiño en marcha, para o torneo de Pantín, en Ferrol, ter esta iniciativa collendo xeito”.
A surf camp súmase á oferta do Cámping A Gaivota que conta tamén con caseríos e cabanas dotadas de cociña, menaxe, frigorífico, baño, sala de estar-comedor, dormitorios e terraza.
O Cámping A Gaivota ten un área de acampada totalmente arbolada e coas parcelas delimitadas con setos vexetais. Entre os servizos que ofrece aos seus clientes están o de bar-cafetería, tenda de alimentación, parque infantil, zona de barbacoas, bañera para bebés, lavadora, secadora…
Hai trinta anos que se poñía en marcha esta instalación na que a madeira, o cristal e a pedra son os elementos principais da súa construción, deseñada e realizada por Celso Dourado

O CONCELLO DE BARREIROS PUBLICA AS NORMAS PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS E VEXETAIS

La imagen puede contener: texto

O CONCELLO DE BARREIROS PUBLICA AS NORMAS PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS E VEXETAIS

Un bando da alcaldía establece días fixos para a recollida de residuos, que deben ser previamente comunicado no Concello.

Barreiros, 9 de agosto de 2019. O concello de Barreiros vén de emitir un bando no que se establecen unhas normas mínimas para a recollida de residuos voluminosos e restos vexetais que realiza o persoal municipal.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “nos últimos tempos tense detectado un incremento do depósito de residuos, tanto voluminosos como vexetais, en moitas ocasións sen ningún tipo de control; o que supón por un lado unha moi mala imaxe do noso concello, ao estar os residuos depositados na vía pública, e por outro lado, un custo moi elevado para a administración local, que ten que asumir a recollida con medios propios e dun xeito desorganizado, o que incrementa o tempo que leva prestar o servizo.”

Por este motivo, desde o concello anúnciase a recollida de residuos vexetais os martes e de voluminosos, os xoves. A recollida realizarase previa anotación que pode ser por calquera vía de comunicación  (982.12.40.02) para que se poidan organizar rutas que contribúan a aproveitar mellor os recursos públicos.

Desde o goberno municipal piden a colaboración da veciñanza para tentar manter unha imaxe limpa do noso concello e lembran que está prohibido depositar residuos en lugares públicos e/ou a carón dos colectores de lixo.

Ana Ermida lembra que á chegada deste goberno municipal fíxose un esforzo, no que foron parte fundamental os traballadores municipais que se prestaron a realizar eses traballos, por recoller unha cantidade de residuos inxente que levaban meses acumulados e que daban unha imaxe nefasta do municipio. “Para evitar que esta situación volva a producirse e que os residuos de todo tipo campen ás súas anchas polas vías municipais, é fundamental ter un control dos mesmos, porque ademais iso permite optimizar a utilización dos escasos recursos municipais, tanto materiais como humanos”, asegura.

Ademais da necesidade de anotarse previamente para a recollida, que será organizada e notificada posteriormente polo persoal municipal, márcanse unha serie de condicións para o depósito de restos vexetais. Así, O depósito de restos vexetais debe realizarse en bolsas pechadas, sempre que sexa posible. Se o material non o permite, por ser pólas ou ramallos, deben prepararse gavelas amarradas dun máximo de 50cm de diámetro e 1m de lonxitude, a efectos de facilitar a recollida.

Con estas indicacións, “só se trata de organizar os servizos municipais e contribuír a unha imaxe limpa do noso concello, na que todas e todos debemos contribuír, porque redunda no beneficio xeral”, afirman. Nese sentido, a alcaldesa agradece a colaboración veciñal para que estas medidas sexan o máis eficientes posible.

A COMARCA DA MARIÑA ESTÁ SEN PEDIATRAS DESDE  RIBADEO ATA BURELA

A COMARCA DA MARIÑA ESTÁ SEN PEDIATRAS DESDE  RIBADEO ATA BURELA.

As vacacións sen substituir da maioría d@s profesionais deixa á comarca nunha situación crítica na atención das nenas e nenos  da Mariña, e nos vindeiros días sumaríanse Cervo e Xove.

A Mariña 9 de agosto de 2019. A decisión do goberno da Xunta e do Sergas de non substituir @s pediatras en vacacións ou con calquera outro permiso  sume á comarca nunha situación crítica , que ben podería chegar a convertirse en emerxencia. As políticas  do PP de non cubrir as ausencias xustificadas destes profesionais durante todo o ano exarcérbanse no período estival , polas vacacións sen substituir do persoal,  o que provoca  caos asistencial e alarma social ante a posibilidade de ter que percorrer moitos  quilómetros de distancia para que unha crianza poda ser atendida por un ou unha pediatra.

A Plataforma Sanitaria da Mariña tivo coñecemento de que na actualidade a pediatra que atende os concellos de Barreiros , Mondoñedo e Lourenzá está a desfrutar do seu período vacacional ser ser substituída – nin siquera algún día á semana -, ao igual que as profesionais que atenden os concellos de Ribadeo e Foz. No caso de Foz ( onde só se substitue á profesional algun día ) , a ausencia de pediatra afectaría tamén aos concellos de Valadouro e Alfoz, ao non dispoñer estes últimos con servizo de pediatría propio e ter que desplazarse ao concello de Foz, para ser atendid@s por unha profesional sobrecargada de traballo e cunha reducción de xornada tampouco substituída.

 

A resposta do Sergas á grave problemática  de atención sanitaria semella un insulto á poboación da Mariña.

Para o colectivo sanitario a resposta que deu o Sergas ás críticas realizadas polo Concello de Barreiros esixindo que se substitúa á pediatra semellan un insulto a mariñás e mariñaos, posto que as afirmacións de que “os rapaces están perfectamente atendidos cos médicos de familia “ e que “no caso de existir algunha urxencia a atención pediátrica está reforzada pol@s pediatras dos concellos limítrofes e tamén polo servizo de pediatría do hospital” non se poden consentir, e desde este colectivo esiximos unha desculpa pública e que dunha vez por todas contraten persoal que supla estas ausencias e carencias na atención sanitaria.

Desde a Plataforma sanitaria lembramos que se a día de hoxe unha crianza destes concellos ten que ser atendida por un problema de saúde só podería acudir ao centro de saúde de Burela como punto máis cercano ou ao de Foz se coincide co día que se substitúen as súas vacacións. Polo tanto terían que atender aos posibles casos que xurdiran de Ribadeo, Trabada,Lourenzá, Mondoñedo ,Barreiros sumados a Foz ,Valadouro e Alfoz se ese día coincide que non se cubriu a pediatra de Foz. A este caos asistencial  “virían  sumarse os concellos de Cervo e Xove nos próximos días, xa que a partir do 14 de agosto a pediatra destes concellos tamén collería vacacións.Simplemente vergoñento”- explica a coordinadora do colectivo sanitario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para máis información chamar a Víctor Vila 677343429 ou a Montse Porteiro 615187637

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA TALLERES PARA FOMENTAR A IGUALDADE E REDUCIR A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA TALLERES PARA FOMENTAR A IGUALDADE E REDUCIR A VIOLENCIA DE XÉNERO.

No hay descripción de la foto disponible.

 

Os talleres e as charlas están promovidos para traballar a igualdade e o asesoramento sobre violencia de xénero.

Barreiros, 9 de agosto de 2019. O Concello organiza o programa “Enténdote, colle a miña man”, que promove unha serie de talleres e charlas sobre traballo en igualdade, a prevención, a información ou o asesoramento sobre violencia de xénero, educar en prevención de estereotipos de xénero e axuda a algunha muller vítima de violencia de xénero. Esta actividade está destinada a mulleres maiores de idade.

A xornada de presentación terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 11 horas. As charlas e talleres serán na semana do 19 ao 23 de agosto en horario de 10:00 a 12:00 horas no mesmo centro sociocultural.

O programa está organizado dende a concellería de Igualdade do Concello de Barreiros coa colaboración de Mujeres en Igualdad de Burela e a Xunta de Galicia.