Archivo de la categoría: Recollida de Residuos

BARREIROS AMPLÍA E RENOVA OS PUNTOS DE RECOLLIDA DE ACEITE DOMÉSTICO USADO

BARREIROS AMPLÍA E RENOVA OS PUNTOS DE RECOLLIDA DE ACEITE DOMÉSTICO USADO

Fecha de publicación:
Jueves, 12 Diciembre, 2019 – 12:39

A concellería de medio ambiente planifica unha campaña de concienciación sobre recollida selectiva dos residuos, ampliando os puntos de recollida e facilitando información á veciñanza.

O mércores 18 de decembro terá lugar unha charla dirixida a toda a poboación sobre selección de residuos nas vivendas.

La imagen puede contener: 2 personas, personas sonriendo, personas de pie, cielo, niños, nube, árbol, exterior y naturaleza

Barreiros, 12 de decembro de 2019. A concellería de medio ambiente do Concello de Barreiros continúa desenvolvendo traballos para facilitar a recollida selectiva de residuos nas vivendas. As actuacións inclúen desde novos puntos de recollida ata charlas divulgativas e accións formativas sobre a recollida selectiva de residuos.

Novos puntos para recollida de aceites domésticos.

Nos últimos días, téñense colocado novos puntos de recollida de aceite doméstico usado e procedeuse tamén a renovación dos xa existentes en Reinante, San Miguel, Altar e San Cosme. Os novos puntos colocáronse en Vilamar, Viladaíde, nas vivendas sociais novas de San Cosme e no punto limpo; facilitando así a reciclaxe de aceite ás veciñas e veciños.

O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, explica que “o aceite debe depositarse en botellas de plástico pechadas dentro dos colectores, evitando así verquidos arredor dos mesmos. O feito de contar con un colector no punto limpo facilita tamén que as persoas poidan enviar este residuo nas recollidas programadas polo concello se non teñen facilidade para desprazarse.”

Charla sobre residuos e reciclaxe.

Ademais deste incremento e renovación de colectores, que prevén continuar nos vindeiros meses, desde a área de medio ambiente organizan tamén unha xornada divulgativa e informativa sobre a recollida selectiva, en colaboración coa empresa Servicios dos Concellos Galegos que se encarga desta recollida.

A charla terá lugar o vindeiro mércores 18 ás 17:30 horas no centro sociocultural de San Cosme e nela explicaranse como xerar menos residuos e como facer correctamente a súa selección. Desde a concellería de medio ambiente insisten en “animar ás veciñas e veciños a acudir para lograr unha separación dos residuos máis eficiente, xa que iso redunda nunha mellor e máis eficiente recollida.”

“Tendo en conta ademais que estamos nunha época na que se xeran moitísimos residuos con motivo das festas, é bo lembrar como debe ser o seu tratamento, para tratar de evitar un maior dano medioambiental”, manifestan.

Con estas actuacións preténdese clarificar que residuos teñen que depositarse, por exemplo, no colector amarelo; xa que é habitual que a xente, con moi boa intención, deposite todo tipo de material plástico nos mesmos e só están destinados a plásticos domésticos. “Hai un exemplo claro: as flores de plástico dos cemiterios, por exemplo, non poden ir ao colector amarelo, senón ao verde. E é habitual que se boten coa mellor intención no amarelo”, asegura Ratoeira.

O goberno de Barreiros continuará levando a cabo campañas divulgativas sobre a xestión dos residuos, xa que ten detectado eivas importantes nos mesmos e consideran que “a administración ten que poñer todos os medios para que os residuos que se produzan sexan os mínimos e que os que existan sexan tratados correctamente.” Por iso, explican, “púxose en marcha un sistema de recollida de restos vexetais previo aviso e estase tratando de divulgar a necesidade de utilizar correctamente todos os medios dos que dispón o concello, como as recollidas a domicilio ou o punto limpo, evitando os depósitos de residuos a carón dos colectores.”

Nestes días tamén se continúa coa limpeza exterior dos colectores co fin de que a imaxe de Barreiros sexa a dun concello limpo.

O CONCELLO DE BARREIROS PUBLICA AS NORMAS PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS E VEXETAIS

La imagen puede contener: texto

O CONCELLO DE BARREIROS PUBLICA AS NORMAS PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS E VEXETAIS

Un bando da alcaldía establece días fixos para a recollida de residuos, que deben ser previamente comunicado no Concello.

Barreiros, 9 de agosto de 2019. O concello de Barreiros vén de emitir un bando no que se establecen unhas normas mínimas para a recollida de residuos voluminosos e restos vexetais que realiza o persoal municipal.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “nos últimos tempos tense detectado un incremento do depósito de residuos, tanto voluminosos como vexetais, en moitas ocasións sen ningún tipo de control; o que supón por un lado unha moi mala imaxe do noso concello, ao estar os residuos depositados na vía pública, e por outro lado, un custo moi elevado para a administración local, que ten que asumir a recollida con medios propios e dun xeito desorganizado, o que incrementa o tempo que leva prestar o servizo.”

Por este motivo, desde o concello anúnciase a recollida de residuos vexetais os martes e de voluminosos, os xoves. A recollida realizarase previa anotación que pode ser por calquera vía de comunicación  (982.12.40.02) para que se poidan organizar rutas que contribúan a aproveitar mellor os recursos públicos.

Desde o goberno municipal piden a colaboración da veciñanza para tentar manter unha imaxe limpa do noso concello e lembran que está prohibido depositar residuos en lugares públicos e/ou a carón dos colectores de lixo.

Ana Ermida lembra que á chegada deste goberno municipal fíxose un esforzo, no que foron parte fundamental os traballadores municipais que se prestaron a realizar eses traballos, por recoller unha cantidade de residuos inxente que levaban meses acumulados e que daban unha imaxe nefasta do municipio. “Para evitar que esta situación volva a producirse e que os residuos de todo tipo campen ás súas anchas polas vías municipais, é fundamental ter un control dos mesmos, porque ademais iso permite optimizar a utilización dos escasos recursos municipais, tanto materiais como humanos”, asegura.

Ademais da necesidade de anotarse previamente para a recollida, que será organizada e notificada posteriormente polo persoal municipal, márcanse unha serie de condicións para o depósito de restos vexetais. Así, O depósito de restos vexetais debe realizarse en bolsas pechadas, sempre que sexa posible. Se o material non o permite, por ser pólas ou ramallos, deben prepararse gavelas amarradas dun máximo de 50cm de diámetro e 1m de lonxitude, a efectos de facilitar a recollida.

Con estas indicacións, “só se trata de organizar os servizos municipais e contribuír a unha imaxe limpa do noso concello, na que todas e todos debemos contribuír, porque redunda no beneficio xeral”, afirman. Nese sentido, a alcaldesa agradece a colaboración veciñal para que estas medidas sexan o máis eficientes posible.