NO CONCELLO TIVO LUGAR HOXE A SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A XESTIÓN COMPARTIDA-AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

NO CONCELLO TIVO LUGAR HOXE A SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A XESTIÓN COMPARTIDA-AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ.

Barreiros, 6 de maio de 2019. No Concello de Barreiros tivo lugar hoxe a sinatura do convenio de colaboración para a xestión compartida-agrupación de Concellos do servizo de atención temperá.

No acto participaron o alcalde, Alfonso Fuente Parga, a coordinadora de Atención Temperá, Mª Carmen Bermúdez Palacios, e a traballadora social do Concello barreirense, Encarnación López Morado.

Segundo recolle o documento asinado no día de hoxe: “o obxecto deste convenio é fixar as principais liñas de colaboración, así como a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento do servizo de Atención Temperá entre varios concellos. O obxectivo do servizo de Atención Temperá estará exclusivamente integrado polo conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ó seu contorno, co fin de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. A atención estenderase ata a data de finalización do curso escolar cando o cumprimento da idade de 6 anos sexa anterior a esta data.”

nvitación para adherirse á proposta dun Debate Público e Democrático en Barreiros, con motivos das eleccións municipais.

As asociacións de Barreiros enviamos esta información para difundir. Gracias.

INFORMACIÓN SOBRE A PROPOSTA DE REALIZACIÓN DUN DEBATE PÚBLICO E DEMOCRÁTICO SOBRE O CONCELLO CON TODAS AS FORMACIÓNS POLÍTICAS QUE SE PRESENTAN ÁS ELECCIÓNS DO 26 DE MAIO EN BARREIROS
Co gallo da celebración, o vindeiro 26 de maio, de eleccións municipais e co obxectivo fundamental de que a cidadanía coñeza as propostas das distintas formacións políticas para o concello de Barreiros, asociacións de Barreiros propoñen, ao igual que xa se propuxo hai 4 anos coas eleccións municipais do ano 2015, a realización dun debate público e democrático en Barreiros cos tres grupos políticos que presentan candidatura a ditas eleccións.
Este debate, de carácter público e absolutamente imparcial, é plantexado como un complemento imprescindible aos mítines electorais que poidan organizar os distintos partidos políticos, no cal a cidadanía teña a posibilidade de coñecer e confrontar de primeira man as propostas dos tres grupos políticos, nun espazo no cal se respecten as normas establecidas pola Xunta Electoral para os debates públicos. Son: respeto e igualdade nos tempos de intervención e respecto nos turnos en función do número de votos obtivos por cada partido político nas anteriores eleccións.
Con ese obxectivo, diríxese esta carta ao movemento asociativo de Barreiros coa finalidade de informar de dita iniciativa e convidar á asociación que reciba esta carta a adherirse á mesma, se así o desexa.
 
A adhesión a esta iniciativa por parte dunha asociación ou colectivo suporá ter a posibilidade de aportar temáticas, propostas ou preguntas a plantexar en dito debate, para que sexan respondidas polos tres grupos políticos.
Para facilitar a comunicación entre as distintas asociacións sobre esta iniciativa foi creada a conta de correo electrónico[email protected] AS ASOCIACIÓNS QUE DESEXEN PARTICIPAR APORTANDO PREGUNTAS PARA QUE SEXAN RESPONDIDAS POLOS TRES GRUPOS POLÍTICOS, DEBEN COMUNICALO POR CORREO ELECTRÓNICO ATA O DÍA 9 DE MAIO ATA AS 2 DA TARDE. 
 
O DEBATE SÓ SE CELEBRARÁ NO CASO DE QUE OS 3 GRUPOS POLÍTICOS ACEPTEN PARTICIPAR, PARA O CAL SE LLES ENTREGARÁ UNHA CARTA CONVIDADO A PARTICIPAR E NA CAL FIGURARÁN TODAS AS ASOCIACIÓNS ADHERIDAS.
Esta iniciativa ten carácter asociativo e aberto, polo que as asociacións receptoras desta carta están facultadas a remitila a aquelas outras organización ou colectivos do concello de Barreiros que puideran estar interesadas en adherirse, co único requisito de ser entidades creadas sen ánimo de lucro.