Concierto Banda Folk de Ribas de Sil el Colegios viejos de San Miguel

La imagen puede contener: texto

Concello de Barreiros

Boa tarde 😀. Mañá sábado, ás 20 H. haberá un concerto ofrecido pola Banda Folk de Ribas de Sil, terá lugar nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante.

Está actividade está enmarcada dentro do programa “Nadal pola provincia” que organiza a Deputación Provincial de Lugo en colaboración cos concellos participantes.

XA SE COÑECEN OS NOMES DOS GAÑADORES DO CONCURSO DE POESÍA E DEBUXO NADAL 2017

XA SE COÑECEN OS NOMES DOS GAÑADORES DO CONCURSO DE POESÍA E DEBUXO NADAL 2017.

Barreiros, 29 de decembro de 2017. O Concello ven de facer público o fallo do concurso de poesía e debuxo Nadal 2017.

Os gañadores na modalidade de poesía son: Iria López Boto, Felipe Martín de Burgos, Zaira Veiga Castosa, Sara Lamelas Fernández, Saray López García, Leyre Gómez Abelleira e Asier González Franco.

Na modalidade de debuxo neste concurso Nadal 2017 acadaron premio: Martina Yáñez Lorenzo, Susana Pérez Rodríguez e Pablo Expósito Blanco.

O CONCELLO REPARTE ESTES DÍAS ENTRE OS VECIÑOS E VECIÑAS O CALENDARIO DE 2018, QUE INCLÚE FOTOS DE ANDRÉS BOURIO

O CONCELLO REPARTE ESTES DÍAS ENTRE OS VECIÑOS E VECIÑAS O CALENDARIO DE 2018, QUE INCLÚE FOTOS DE ANDRÉS BOURIO.

Barreiros, 29 de decembro de 2017. O Concello editou o seu calendario de 2018 que foi presentado nas últimas horas. Son 2.500 exemplares que se reparten estes días polos domicilios do municipio, polas Casas de Galicia, en Fitur e tamén na oficina de turismo barreirense.  O calendario recolle 13 imaxes, unha por cada mes do ano máis a portada, das que é autor Andrés Bourio, un afeccionado a fotografía para quen é un orgullo formar parte deste proxecto do Concello.

O alcalde, Alfonso Fuente, manifestou que “presentamos ese calendario que xa se está repartindo a día de hoxe por todos os domicilios do Concello, e este ano contamos coa colaboración de Andrés Bourio, que foi quen fixo todas esas fotos. Como sabemos que é un afeccionado á fotografía, eu lle pedín se podía colaborar con este calendario aportando esas fotos, e el desde o primeiro momento púxose á nosa disposición, aportou un montón de fotos, fixemos unha selección delas e son as que se plasman neste calendario de 2018”.

O rexedor barreirense explicou que “é un calendario que está moi valorado, que nos piden desde distintos puntos de Galicia, incluso mesmo desde fora e os turistas cando veñen no verán pídennos ese calendario para que poidan telo e ensinalo polas fotos que ten”.

Alfonso Fuente Parga anunciou que “á vista do resultado que está tendo este ano con estas fotos, eu comentaba con Andrés na presentación que para o ano que ven imos preparar como un pequeno concurso no que poidan participar todos aqueles fotógrafos afeccionados. Farase un xurado e seleccionaranse as fotos que serán as que se inclúan no calendario 2019, tendo en conta que nos parece unha boa iniciativa, a de fomentar esa fotografía afeccionada. Ademais hai que subliñar que Barreiros ten moitísimos lugares onde fotografar para logo plasmar nese calendario”.

O alcalde engadiu que “se editaron 2.500 exemplares e entrégase un en cada domicilio de Barreiros. Despois se deixan na Oficina de Turismo, mándanse a todas as Casas de Galicia que hai por distintos puntos de España, e logo lévase unha partida a Fitur”.

Pola súa banda o autor das fotografías que recolle este calendario, Andrés Bourio, comentou que “son principalmente sobre lo más conocido de Barreiros que es la línea de la costa, pero vista desde otros ángulos y otras perspectivas. Playas, acantilados, también subí a los miradores de las montañas que hay por aquí, el monte Penabor y el monte Comado, y saqué perspectivas aéreas que son muy espectaculares porque pasar de la costa a 500 metros de altitud de repente, las vistas que se generan son geniales. También saqué algún motivo representativo como un campo de maíz a contraluz con la puesta de sol. Son 13 fotos incluida la carátula que lleva la Casa do Concello engalanada de luces de navidad que la saqué el año pasado”.

Andrés Bourio contou que “soy aficionado a la fotografía, llevo residiendo en Barreiros tres años, porque yo soy de Lugo, y la mayoría de las fotos son de este año, quizás saqué alguna de archivo del año pasado, pero en general son todas recientes. Intentamos adecuar un poquito a todas las épocas del año según el mes, por ejemplo hay una relativa al otoño donde salen unas setas con el fondo de un acantilado y la playa de Lóngara”.

Este amante da  fotografía asegurou que “para mí no deja de ser un orgullo. Un pequeño reconocimiento al trabajo de una persona que aunque no se dedica a la fotografía, su gran afición es dar a conocer y difundir todo lo que son los paisajes no sólo de Barreiros sino de los concellos limítrofes, sin tener en cuenta las fronteras ni los límites políticos. Para esta ocasión son todas del municipio de Barreiros y para mí realmente eso es un orgullo”.