Un grupo de medio centenar de peregrinos e peregrinas de Barreiros realizaron hai uns días unha nova etapa do Camiño de Santiago entre Fisterra e Muxía

Un grupo de medio centenar de peregrinos e peregrinas de Barreiros realizaron hai uns días unha nova etapa do Camiño de Santiago entre Fisterra e Muxía, que están a facer as fins de semanas. A cita está organizada polo Concello. O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “os peregrinos de Barreiros  reencontrámonos despois dos meses de verán para realizar una etapa pendiente do Camiño de Fisterra a Muxia. Empezamos no pobo de Morquintian (Muxia) e acabamos na propia Muxia, un total de 10 quilómetros a pe foron os que realizamos. So 10 quilómetros para poder estar frescos e así asistir á misa na honra da Virxe da Barca, abalar a pedra e asistir á romería”. O concelleiro barreirense engadiu que “reinou un bo ambiente e renovamos a ilusión para seguir realizando máis etapas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *