Un documental repasa a vida e a obra de Celso Dourado e o espazo que creou en Barreiros

Un documental repasa a vida e a obra de Celso Dourado e o espazo que creou en Barreiros

Martín G. Rodil dirixe a peza audiovisual, na que se dan cita voces de persoas que falan sobre o home e o artista

Celso Dourado. AXM

O documental ‘Eido Dourado‘, sobre o espazo de arte do mesmo nome que no pasado ano pechou en Barreiros despois de dez anos de andaina, repasará “a persoa e a obra” do pintor mariñao Celso Dourado, o seu promo

Dirixida por Martín G. Rodil, a peza audiovisual “é unha celebración da creatividade e a vida, na que se dan cita as voces de persoas que o coñecen para falar da persoa e do artista”.

TRÁILER

O filme conta con imaxes inéditas gravadas ao longo de varios anos. Pero, sobre todo, é “o esbozo dun creador único, no que sobresae a propia voz de Dourado para amosarnos que non existe maior tesouro na existencia que atopar un lugar, o verdadeiro fogar dun mesmo, e habitalo”.

‘Eido Dourado’ representa, en palabras do director, “a celebración dun lugar simbólico, dunha idea que dá forma a toda unha vida de traballo e dedicación entorno a un proxecto que vai máis alá daquel espazo e dos dez anos de tempo durante os que permaneceu aberto ao público”. Podes ver o tráiler da película nesta ligazón.

AUTOCONSTRUCIÓN E RECICLAXE

No filme descríbese como, logo de máis de 20 anos de traballo, o pintor Celso Dourado abriu ao público o espazo de arte nas inmediacións da praia das Pasadas, baseado na autoconstrucción e na reciclaxe de materiais, e o que isto significou no seu momento para unha persoa cunha traxectoria persoal tan complexa.