SEIS PRAIAS LUCIRÁN A BANDEIRA AZUL ESTE VERÁN

SEIS PRAIAS LUCIRÁN A BANDEIRA AZUL ESTE VERÁN. O ALCALDE SUBLIÑA QUE BARREIROS É UN REFERENTE TURÍSTICO NA PROVINCIA DE LUGO E EN GALICIA.cabanas_0001

Fontela-Valea

Barreiros, 14 de maio de 2015.  O alcalde, Alfonso Fuente, fai un balance moi positivo das seis bandeiras azuis que renovaron outros tantos areais do concello. Lucirán o distintivo de Adeac este 2015: As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Altar e Fontela-Valea.

O rexedor sinalou que “Barreiros volve renovar esas seis bandeiras azuis, co cal seguimos nesa liña de ser un referente turístico en praias na provincia de Lugo e mesmo en Galicia. Eu creo que iso é moi importante. Nos momentos económicos complicados que tivemos que sufrir durante esta época, cando incluso houbo que axustar o número de socorristas que había antes e facendo un esforzo entre todos”.

Fuente Parga cre que “manter esas seis bandeiras azuis para Barreiros é moi importante porque hai que ter en conta que Barreiros é un concello de 3.000 habitantes e ten seis bandeiras azuis. E hai outros concellos, como Sanxenxo, que teñen moitas bandeiras azuis, pero a poboación tamén é moito máis grande. Polo tanto se calculáramos a relación bandeiras por habitantes seguramente Barreiros sería o que máis ten de Galicia”.

O alcalde barreirense tamén se referiu á calidade da auga doutros areais que non terán bandeira azul este ano: “independentemente de que teñamos esas 6 bandeiras azuis nas outras praias, como as de San Bartolo, Arealonga ou mesmo a ría, a calidade da auga é igual que nas que contan con este galardón: excelente. Polo tanto non existe ningún risco para o baño nin nada. Esa é a cuestión: que todas son excelentes para o baño, pero a bandeira azul vai lucir nesas seis praias, igual que o ano pasado”.

BanderaAzul2015 (1)

Acantilado-Remior

BanderaAzul2015 (2)

Altar

BanderaAzul2015 (3)

As Pasadas

BanderaAzul2015 (4)

Coto (Incluye Pena da salsa)

BanderaAzul2015 (5)

Fontela-Valea (Incluye As Cabanas)

BanderaAzul2015 (6)

Lóngara (incluye Roda)