PRESENTACIÓN DAS FESTAS DE SAN BARTOLO EN BARREIROS

PRESENTACIÓN DAS FESTAS DE SAN BARTOLO EN BARREIROS
Nas inmediacións da Capela de San Bartolo tivo lugar esta maña a presentación do programa das festas que se celebrarán os días 22, 23 e 24 de agosto.

Barreiros, 21 de agosoto de 2019. O xoves 22 darán comezo as festas de San Bartolo con unha sardiñada popular e a continuación verbena amenizará o Grupo la Bamba.

O venres 23 haberá pasarrúas e actuación do Arco da Vella no campo da festa, ás 14.00 horas sesión vermú a cargo da Orquesta Essencia, xa pola noite verbena con Essencia e Platinum.

Sábado 24, día de San Bartolo, ás 13.00 horas misa solemne e procesión, ás 14.00 horas sesión vermú coa Orquesta Ceniza, pola noite verbena con Ceniza e Tokio.

A presentación acudiron os concelleiros María Carmen Veiga, Montse Porteiro e Antonio Veiga xunto con membros da comisión organizadora.