Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros visitaron A Coruña

Viaje Coruña 20-05-15

Barreiros, 20 de maio de 2015.- Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros visitaron este mércores A Coruña.

A primeira parada tivo lugar na fábrica de patatas “Bonilla”, logo desfrutaron das vistas da cidade dende o ascensor panorámico do Monte San Pedro, fixeron unha visita ó Museo de Ciencia e Tecnoloxía MUNCYT e, por último, á comisaría de Policía Nacional de Lonzas para ver o adestramento de cans policías.

A excursión está organizada polo equipo docente e contó coa colaboración do Concello de Barreiros.