OBRADOIRO DE PINTURA MURAL NO QUE PARTICIPARÁN RAPACES CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 7 E OS 30 ANOS

O 10 DE XULLO DARÁ COMEZO EN BARREIROS UN OBRADOIRO DE PINTURA MURAL NO QUE PARTICIPARÁN RAPACES CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 7 E OS 30 ANOS.

Barreiros, 8 de xullo de 2015. O vindeiro venres, 10 de xullo, ás 11 da mañá  dará comezo o obradoiro de pintura mural, que organizan a Concellería de Cultura e Xuventude, a Omix e a Biblioteca de Barreiros.

O obradoiro, que se prolongará ata o 29 de xullo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, estará dividido en catro partes nas que se abordarán temas como: o entorno urbano e arquitectónico na pintura mural; estudo do entorno; elaboración de bocetos, propostas plásticas; deseño final e propostas de color e aplicación da pintura mural na parede obxecto de decoración; fotografías do traballo rematado.

O curso, que é gratuíto, terá lugar os luns, mércores e venres en horario de 11 a 13 horas. Nel participarán rapaces con idades comprendidas entre os 7 e os 30 anos.ACTIVIDADES VERAN XULLO BARREIROS