O Praias de Barreiros FS tómalle o pulso á Liga Gallega Norte

andresLopezO Praias de Barreiros FS tómalle o pulso á Liga Gallega Norte

Tras un inicio de campaña complicado, os de Andrés López conseguiron encadear unha boa xeira de resultados xusto antes da xornada na que lles toca descansar. Nos últimos catro encontros os barreirenses acadaron dúas victorias e dous empates que lles permitiron escalar varios postos na táboa clasificatoria.

As lesións marcaron o debut do Praias na Liga Gallega Norte, as ausencias de Sergio e Miguel nas primeiras xornadas condicionaron moito o rendemento dos barreirenses. “Costounos moito ó principio, tivemos un lastre importantísimo por culpa das lesións. Chegamos moi xustos de xente para a rotación, a medida que recuperamos xente, vámonos levantando e empezan a chegar os resultasdos” expresou Andrés López nunha entrevista que lle realizaron en Radio Foz.

O técnico do conxunto barreirense engadiu: “Somos un recén ascendido, necesitamos un periodo de adaptación e de consolidación. É preciso implantar unha nova metodoloxía de traballo e aumentar a esixencia. O Praias ten moi boas perspectivas para facer un proxecto bo e ambicioso. Pero para falar dun ascenso e categoría teremos que falar en anos próximos. Ahora é o momento de adaptarse e consolidarse”.

Tras sumar oito puntos nas últimas catro xornadas, Andrés fixou o lugar que debe ocupar o Praias de Barreiros na competición. “Miramos máis cara arriba que cara abaixo, non deberíamos ter problemas para salvar a categoría, non creo que teñamos que pelexar por evitar o descenso”. E tamén destacou o mal do equipo no inicio de tempada: “O noso lastre é a faceta defensiva, o obxetivo é meiorar ahí”.

Da mesma maneira Andrés destacou o traballo da xunta directiva e o apoio da afición. “É unha maravilla xogar os partidos no Pavillón Municipal. É un privilexio poder contar con ese apoio”.

Trala disputa das primeiras once xornadas, o Praias de Barrreiros ocupa a séptima posición da táboa clasificatoria con 14 puntos. O próximo fin de semana tócalle descansar e o seu próximo encontro terá lugar na Fonsagrada o 12 de decembro.