O Grupo do PP de Barreiros realiza un donativo á asociación El Olivo

Puede ser una imagen de 2 personas, personas de pie y al aire libreO Grupo Municipal do Partido Popular de Barreiros realiza un donativo á Asociación El Olivo de Barreiros para colaborar cos gastos de desprazamento do coche de reparto de alimentos. O portavoz, José Manuel Gómez, agradece ao señor Marcelino o seu compromiso desinteresado de axuda aos máis necesitados de Barreiros.

O PP aclara que “a reunión cos afiliados de Barreiros forma parte da rolda de encontros de traballo coas distintas agrupacións locais da provincia”

Lugo, 25 de febreiro de 2022. O PP da provincia de Lugo aclara que “a reunión celebrada este xoves cos afiliados de Barreiros forma parte da rolda de xuntanzas de traballo que o partido está a manter coas distintas agrupacións locais por toda a provincia”.

Os populares explican que “o obxectivo destas reunións é o de escoitar á militancia e, polo tanto, esta reunión serviu para escoitar aos afiliados de Barreiros, as súas opinións, as súas propostas e para coñecer máis de preto as necesidades do seu municipio”.

Subliñan que “é totalmente falso que se abordara o tema do candidato á alcaldía de cara ás vindeiras eleccións municipais do 2023. Non foi un dos temas tratados nesta xuntanza”.