O GOBERNO DE BARREIROS QUITA MÁIS DE 62.500 EUROS DO INVESTIMENTO EN ABASTECEMENTO DE AUGA PARA DEDICALOS A ARRANXAR O TEITO DO CONCELLO

O GOBERNO DE BARREIROS QUITA MÁIS DE 62.500 EUROS DO INVESTIMENTO EN ABASTECEMENTO DE AUGA PARA DEDICALOS A ARRANXAR O TEITO DO CONCELLOrzamentos non contemplaban ese investimento e supón reducir diñeiro da rede de abastecemento de auga.

Para poder solicitar a subvención do Ministerio tiveron que modificar os orzamentos para xerar crédito, xa que inicialmente non se prevía.

Barreiros, 18 de xullo de 2018. O goberno do Partido Popular en Barreiros vén de reducir o investimento no abastecemento de auga en máis de 62.500 euros para este ano 2018, xa que, tras o requirimento do Ministerio para poder optar a unha axuda para cambiar a cuberta do Concello; tiveron que modificar os orzamentos para contemplar ese gasto, xa que inicialmente non se prevía.

Para o Bloque Nacionalista Galego esta situación “é a mostra palpable de como se actúa neste Concello, con unha improvisación absoluta e sen ter en conta as necesidades reais á hora de prever os gastos a realizar.”

Segundo explica a portavoz municipal, Ana Ermida, o 3 de xullo o alcalde asinou un cambio de cartos da partida de abastecemento de auga para a cuberta da casa do concello. “Non negamos que sexa necesario reparar o tellado, aínda que é curioso que hai pouco tempo se fixese unha reforma practicamente integral do edificio e deixasen o teito sen amañar. Pero o que non nos parece normal é que se saquen cartos da rede de abastecemento de auga, tan necesitada de investimentos, para esta cuestión. Co que destinan a avogado, publicidade e propaganda e protocolo poderían cubrir ese custo de sobra”, asegura.

O BNG afirma tamén que “tendo en conta que o proxecto está feito do 2017 e que desde o goberno se considera necesario, o lóxico é que se reflectira nos orzamentos para o 2018; pero tendo en conta a falta de realidade dos números que poñen, nin sequera contemplaban ese investimento e agora teñen que xerar crédito para poder solicitar esa subvención ao Ministerio.”

“Esta situación non é máis que outro exemplo palpable do despropósito dun goberno que actúa sen planificación e improvisando continuamente en función do que se presente cada día. Esta situación estanos instalando nun caos total que segue afundindo ao Concello na peor das situacións posibles”, conclúen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *