O futuro máis inmediato do Praias de Barreiros pasa polo Pavillón Municipal

O futuro máis inmediato do Praias de Barreiros pasa polo Pavillón Municipal

O retorno á competición do Praias de Barreiros no 2017 agárdase determinante para definir as aspiracións do conxunto adestrado por Andrés López na Liga Galega Autonómica Norte.

O calendario, e as modificacións do mesmo, fan que conxunto barreirense dispute as tres próximas xornadas ligueiras como local. O Chacala Arzúa e o SS Culleredo rendirán visita ó Municipal de Barreiros no mes de xaneiro, e tras unha xornada de descanso, os de Andrés López voltarán á súa pista para medirse ó Alameda Xarío. Tres encontros que serán determinantes para definir as aspiracións reais do conxunto verde na Liga Galega Norte. Na actualidade o Praias ocupa a decimoterceira posición da táboa con 12 puntos (4 victorias e 9 derrotas).

De cara a esta nova tempada, o clube conta con un novo apoio, o da empresa barreirense Pinturas Centeno, que plasmou o seu compromiso coa entidade nos pantalóns do equipo de fútbol sala. Despois de axudar dende os inicios como colaborador, a empresa representada por Iván Centeno decidiu dar un paso adiante e converterse en patrocinador do clube. A plantilla e corpo técnico agradeceron o apoio e plasmárono cunha instantánea diante do Pavillón Municipal.