NUMEROS@S VECIÑ@S DA MARIÑA ACUDIRÁN O PRÓXIMO DÍA 20 A COMPOSTELA A CONCENTRARSE DIANTE DO PARLAMENTO

NUMEROS@S VECIÑ@S DA MARIÑA ACUDIRÁN O PRÓXIMO DÍA 20 A COMPOSTELA A CONCENTRARSE DIANTE DO PARLAMENTO.

Unha representación da Plataforma Sanitaria entrará ao hemiciclo para seguir de preto o debate

Representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e numerosas veciñas e vecinos da Comarca acudirán o vindeiro martes día 20 de Marzo a Compostela ao debate parlamentario no que se tratará no primeiro punto da orde do día a reforma da lei de saúde de Galicia. Divers@s integrantes da Plataforma entrarán ao hemiciclo para escoitar o debate , mentres que o resto de asistentes estará concentrado nas inmediacións do Parlamento, en apoio aos grupos políticos da oposición que defenden a retirada do proxecto de reforma da lei de saúde de Galicia. A concentración está convocada por SOS Sanidade Pública, entidad que aglutina a todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública .

A Plataforma sanitaria agradece a veciñas e vecinos da comarca a enorme esforzo e implicación nesta loita e critica o lavado de cara e de conciencia que fai o PP previo a mobilizacións ou a trámites parla-mentarios.

A Plataforma Sanitaria desexa facer chegar a todas @s mariñás e mariñaos o seu agradecemento polo in-menso esforzó feito ate este momento .Foron meses do loita moi dura nos que a Comarca se implicou to-talmente e foi quen de marcar feitos históricos coas masivas mobilizacións que tiveron lugar tanto na Ma-riña como en Compostela.”Conseguimos coa nosa loita molestar e incluso logramos que algún político do PP mariñán se avergoñara do que o seu partido está a facer coa sanidade pública na comarca, xa que hai moito tempo que deixou de facer declaracións e mesmo pasa pola comarca de refilón , sen que se note moito a súa presenza- manifestan desde a Plataforma.

Respecto ás declaración feitas polo xerente do Hula, Ramón Ares na radio en días pasados e en entrevistas na prensa escrita de hoxe , a Plataforma Sanitaria non se sorprende xa que este forma de actuar ven sendo habitual nel@s nos días previos ás nosas mobilizacións ou ,como neste caso ,previo á pretensión de apro-bar unha reforma da lei de saúde que saben será lesiva para o páis e para a comarca, nun intento de limpar as súas conciencias .”Xa estamos afeit@s a estas publirreportaxes , entrevistas a páxina completa e dípti-cos que sen ningún tipo de pudor publican nos medios malgastando os cartos de tod@s nós en vez de inves-tilos en necesidades apremiantes que ten a comarca e que lles importan ben pouco.Esto é un total lavado de cara e de conciencia, máis sen aportar nada concreto e respostando con evasivas a preguntas tan directas e claras como a ganancia de servizos, nas que bastaría cun si ou un non.Está claro que a Plataforma Sanita-ría non minte cando afirma que non imos gañar ningún servizo novo nen se van ampliar os servizos que xa existen, salvo a área de consultas , que era moi necesaria- afirman responsables da Plataforma.

Respecto ás declaración feitas polo directivo do HULA nas que di que “non se deberá facer política coa sani-dade” , a Plataforma amósase sorprendida de que informar á poboación do que vai significar esta reforma , mobilizarse por non estar de acordó e presentar reclamacións por agardar máis de un ano para certas pro-bas lles pareza facer política e nembargantes facer unha modificación de calado dunha lei non sexa politi-zar .”Pode ser que falemos distintos idiomas e que reformar unha lei sexa facer encaixe de bolillos”- ironiza a coordinadora da Plataforma.

Sorprende tamén que de repente mude de novo a súa opinión sobre a necesidade da enfermeira de onco-loxía e volvan precisamente ahora a dicir que crearán esa praza e que non existe por falta de espazo. ”Agardamos que esto non sexa de novo outra tomadura de pelo @s veciñ@s, esta vez en boca dun xerente o cal sería ainda máis grave por ser o responsable directo de que a poboación reciba os servizos sanitarios axeitados,gratuitos ,de proximidade e de calidade”- conclúe o portavoz da Plataforma .

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *