María Carmen Veiga, reúnese cos veciños do municipio

A candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Barreiros, María Carmen Veiga, reúnese cos veciños do municipio

18-04-15

Agrupación PSOE Barreiros 18/04/2015.- O partido socialista de Barreiros e a súa candidata á alcaldía, María Carmen Veiga, comezaron en pasados días unha serie de xuntanzas coa veciñanza do pobo.

Estiveron xa en de San Xusto de Cabarcos e este vindeiro LUNS 20 estarán en: CELEIRO DE MARIÑAOS, ás 21.00 horas no GRUPO ESCOLAR de Celeiro de Mariñaos (Antiga escola), continuando en vindeiros días con estas xuntanzas por outros lugares do Concello.

O obxectivo das reunións é manter unha charla sobre a actualidade municipal, expoñer as liñas xerais do proxecto con que van concorrer aos vindeiros comicios, un programa verdadeiramente solidario, realista e capaz de corrixir as deficiencias que se dan na actualidade no pobo, tanto a nivel de xestión como de investimentos ou fiscalidade, un programa onde primen os intereses de todos os veciños e veciñas independentemente da parroquia na que vivan.

Como queremos que o noso proxecto sexa o que mais se adapte ás necesidades reais existentes en Barreiros e co que a maioría se sinta identificado, establecemos estes diálogos abertos coa veciñanza, para escoitar as súas propostas e necesidades, analizando entre todos a actual situación do Concello de Barreiros para construír xuntos un novo proxecto capaz de facer de Barreiros un lugar mellor para vivir cos servizos e dotacións que se merece, tras a eterna “noite escura interminable” a que nos teñen sometidos os sucesivos gobernos do PP e o Alcalde Fuente Parga.