Máis de 40 barreirenses participaron o pasado sábado, 27 de maio, na quinta etapa da peregrinación a Santiago que están a realizar

Máis de 40 barreirenses participaron o pasado sábado, 27 de maio, na quinta etapa da peregrinación a Santiago que están a realizar. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “fixemos 18 quilómetros nunha xornada nublada, ideal para camiñar, con moita arboleda e moita xente alegre no camiño. Xa só nos quedan 60 quilómetros para chegar a Compostela”. Pola súa banda, o alcalde, Alfonso Fuente, dalles “moitos ánimos aos veciños e veciñas de Barreiros para que sigan a percorrer o camiño con ilusión e alegría”. A quinta etapa desta peregrinación, organizada polo Concello, discorreu entre Hospital da Cruz e Casanova.La imagen puede contener: una o varias personas, exterior y naturaleza

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *