Un grupo de escolares de Rábade están a pasar esta xornada de martes

Un grupo de escolares de Rábade están a pasar esta xornada de martes, 30 de maio, en Barreiros. Participan nun intercambio co colexio de San Miguel de Reinante. Os nenos e nenas visitaron os areais barreirenses e tamén a praia das Catedrais, en Ribadeo. Os rapaces foron recibidos no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente, que lles fixo entrega dunha bolsiña con obsequios para eles, folletos turísticos e caramelos. O rexedor declarou que “é importante dar a coñecer os potenciais que ten Barreiros a nivel turístico entre rapaces e rapazas de concellos próximos, como é o caso de Rábade. Algúns xa estiveran por aquí, pero outros non”. La imagen puede contener: 11 personas, personas sonriendo, personas sentadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *