FUENTE PARGA RECOLLEU EN BASTIAGUEIRO AS SEIS BANDEIRAS AZUIS

FUENTE PARGA RECOLLEU EN BASTIAGUEIRO AS SEIS BANDEIRAS AZUIS QUE LUCIRÁN OUTROS TANTOS AREAIS BARREIRENSES ESTE VERÁN.

Barreiros, 1 de xuño de 2016. O alcalde, Alfonso Fuente, recolleu este mediodía en Bastiagueiro (A Coruña) as seis bandeiras azuis que recibiron os areais de As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Arealonga e Fontela-Valea. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, foron os encargados de entregar os galardóns.010616 Foto recollida bandeiras Barreiros 2 010616 Foto recollida bandeiras Barreiros 1

O rexedor dixo: “en Barreiros estamos encantados de conseguir estas seis bandeiras azuis, e de recuperar a de Arealonga neste ano, feito que tivo unha mención no acto celebrado hoxe en Bastiagueiro”. Fuente Parga agarda que “o vindeiro ano poidamos contar tamén con bandeira azul en Altar, e que poidamos compatibilizar os usos deportivos dese areal co goce dos bañistas que elixen esa zona e ese areal para pasar os meses de verán. A praia de Altar cumpre con todos os requisitos ao igual que o resto dos areais barreirenses: conta con baños, con socorristas, con limpeza…”.

Serán 20 os socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas neste 2016 nas praias de Barreiros, grazas ao plan de cooperación da Xunta de Galicia. O alcalde contou que traballarán do 1 de xullo ao 31 de agosto.