BARREIROS CELEBRA O VI DÍA SOLIDARIO O DÍA 10 DE XUÑO

BARREIROS CELEBRA O VI DÍA SOLIDARIO O DÍA 10 DE XUÑO CUNHA CEA-BAILE BENÉFICA A FAVOR DA ASOCIACIÓN RING 14.

Barreiros, 1 de xuño de 2016. Barreiros celebra o VI Día Solidario cunha cea-baile benéfica, que terá lugar o día 10 de xuño.

Dia Solidario 2016A Rede de Voluntariado Local e o Departamento de Servizos Sociais do Concello organizan  este VI Día Solidario. Esta cea terá lugar o 10 de xuño no restaurante A Ribeira a partir das 21:30 horas. O prezo é de 20 euros por persoa, 10 euros no caso dos nenos e nenas ata dez anos. Para asistir é necesario anotarse antes do vindeiro luns, 6 de xuño, no Departamento de Servizos Sociais do Concello, entre as 10:00 e as 14:00 horas, no número de teléfono 982 12 40 02. Durante a cea haberá sorteo de agasallos.

A doazón do recadado será entregada a asociación Ring 14 España dedicada ao apoio da investigación de enfermidades raras.