FOTO DO CONCELLO DE BARREIROS (PEREGRINACIÓN)

La imagen puede contener: 10 personas, personas de pie, árbol, boda, cielo, calzado, niños, exterior y naturaleza

Un total de 45 persoas realizaron o pasado sábado a segunda etapa da peregrinación a Compostela a través do Camiño Francés, que organiza o Concello de Barreiros. Os camiñantes fixeron os 18 quilómetros do treito comprendido entre Triacastela e Sarria nunha xornada cun tempo espléndido. O edil José Manuel Gómez Puente subliñou que “os peregrinos gozaron dunhas paisaxes incribles e o contacto coas xentes da zona e doutros países foi amena e respectuosa”. O concelleiro barreirense e os camiñantes agradécenlle ao alcalde, Alfonso Fuente, “o agasallo que lles fixo entregándolles unhas gorras a [email protected] para protexerse do sol, así como a axuda prestada para facer esta peregrinación por etapas, xa que do custe da última delas encárgase o Concello”. Pola súa banda, o rexedor amosóuse agradecido por estas palabras e animou aos veciños e ás veciñas a seguir participando nestas peregrinacións por etapas, que ven organizando o Concello a través dos diferentes camiños que percorren a provincia de Lugo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.