ESTE MEDIODÍA QUEDOU RESTABLECIDO O ABASTECEMENTO DE AUGA EN REMIOR (BARREIROS)

ESTE MEDIODÍA QUEDOU RESTABLECIDO O ABASTECEMENTO DE AUGA EN REMIOR (BARREIROS), DESPOIS DE QUE ESTA MAÑÁ SE REXISTRASE UNHA IMPORTANTE ROTURA NA REDE.

Barreiros, 17 de agosto de 2018. Este mediodía quedou restablecido o abastecemento de auga en Remior, despois de que esta mañá se rexistrase unha importante rotura na rede.

O alcalde barreirense, Alfonso Fuente, comentaba a primeira hora que “hoxe pola mañá amenciamos cun aviso dunha fuga na parroquia de Remior. Unha fuga bastante grande nunha tubaxe de cen, que arrasou todo ao longo. Polo tanto están iniciando esas labores para cambiar toda esa tubaxe. No Concello recibíamos bastantes chamadas porque había ese problema de abastecemento. Ao longo da mañá estivo dándose servizo por outras tuberías, e eu conto que en dúas ou tres horas poidamos ter reparada esa avaría”.

Fuente Parga engadiu que “a zona de Remior quedou sen auga, e é a que máis tempo vai estar sen auga. O resto de zonas xa se están abastecendo por outras redes. A rede está toda mallada, e foron pechando chaves e abrindo outras para poder dar servizo ao maior número de casas. Neste momento quedou afectada esa zona de Remior e estamos en contacto coas granxas que hai na parroquia porque a algunhas ao mellor temos que abastecelas coa motobomba, para que o gando non quede sen auga. Eu creo que estamos realizando esa labor o máis urxente posible, e ao mediodía vai estar solucionado”.

O servizo, tal e como estaba previsto, quedou restablecido este mediodía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *