Entroido BARREIROS, 28 de Febreiro de 2020

BARREIROS PREPARA O SEU DESFILE PARA ESTE VENRES 28 DE FEBREIRO

La imagen puede contener: una o varias personas

Barreiros, 26 de febreiro de 2020. O Concello de Barreiros, que conta coa colaboración das comparsas locais, Macanudos e Habelas Hainas, organiza o desfile de entroido para a noite deste venres, 28 de febreiro.

As inscricións poderán facerse online dende a web municipal www.concellodebarreiros.com ata o día 28 ás 18:30 horas. De maneira presencial nas oficinas xerais do Concello de 8.30 a 14.30 horas, na Biblioteca Municipal, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas ata o día 27.

A saída será dende a Praza do Concello ás 21:00 horas e discorrerá polas rúas de San Cosme; baixada polo centro médico, rúa das vivendas sociais, subida pola estrada da praia (teleclub), e chegada por Rúa Vila ata o Concello.

Como novidade os participantes estarán acompañados por cabezudos e xigantes que farán as delicias do público cos seus bailes a animacións.

Este ano o Concello reforzará a iluminación con 5 puntos de luz onde os participantes deben facer as súas exhibicións. Nestes puntos atoparanse os xuíces que farán valer a súa experiencia en diferentes áreas, eles son: Reme Espantoso (recoñecida deseñadora), Lucía (Coida de ti), Ana (Ana peluquería), Juan (técnico de cultura no Concello do Valadouro) e Quique (Arco da Vella).

Ás 22:30 terá lugar no pavillón municipal a cea de entroido. O menú, servido por Chao dos Navais, estará composto por empanada, entrantes fríos, churrasco, pan, bebida e postre; a un prezo de 17€ por persoa e a 8€ para menores de 12 anos.

Unha vez rematada a cea terá lugar a entrega de premios e posterior baile amenizado polo Dúo Estrellas con entrada libre.

No caso de choiva ou climatoloxía adversa a organización reservase o dereito a suspender o
desfile. Para ese caso, reservarase un espazo no pavillón municipal para unha
representación/exhibición na orde marcada e acorde co ancho dispoñible, situándose o
público nas gradas.
Nesta exhibición, só poderán participar, por razóns obvias, aqueles disfraces ou grupos cuxa
dimensión permita o seu acceso ás instalacións.
A organización tamén se reserva o dereito a modificar o percorrido por causas xustificadas
non previstas inicialmente.
2. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN NO CONCURSO
Consideraranse as seguintes categorías de participación:
A. INFANTIL (Nesta categoría participarán os menores de ata 12 anos):
 Individual
 Parella
 Grupo
B. ADULTO (Xoves de a partir de 13 anos e adultos):
 Individual
 Parella
 GrupoNo hay descripción de la foto disponible.
C. COMPARSAS E CHARANGAS
No caso de grupos consideraranse pertencentes a unha ou outra categoría segundo a idade
do 60% dos seus membros.
Para o cómputo de idade, tomarase como referencia o 1 de xaneiro de 2020.
3. INSCRICIÓNS
As inscricións no concurso formalizaranse no impreso que se anexa á fin destas bases, que se
poderá obter e presentar ata o día 27 de febreiro tanto nas Oficinas xerais do Concello, de
Barreiros de 8.30 a 14.30 horas,como na Biblioteca Municipal, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a
19:00 horas.
Tamén poderá obterse a través a web do Concello www.concellodebarreiros.com ou do seu
Facebook https://www.facebook.com/concello.barreiros/.
O día de celebración do desfile aínda poderán presentarse solicitudes de participación nas
Oficinas do Concello dende as 8.30 ata as 14.30 horas e dende as 17.30 ata as 18.30 horas.
Non obstante, para unha mellor organización, recoméndase a inscrición anticipada.
En todo caso, para que a participación sexa validada, todas as persoas ou agrupacións
participantes deberán confirmar a súa inscrición e recoller os dorsais o día do concurso na
Casa do Concello, entre as 18.30 e as 20.00 horas
No caso de solicitude de participación de asociacións, comparsas ou grupos, a inscrición
formalizarase polo representante designado pola agrupación (o representante legal no caso
de asociacións constituídas como tal), que se fará responsable de obter cantas autorizacións
fosen precisas para a participación de menores de idade, especificamente da gravación de
material audiovisual e da súa posterior reprodución no marco de difusión do evento.
4. XURADO
O xurado estará formado por seis membros alleos á organización e relacionados dalgún xeito
coas condicións a valorar: cultura, vestiario, maquillaxe, perruquería, son e baile e posta en
escena.
Este xurado estará asistido por unha persoa designada pola organización entre o persoal do
Concello que actuará en calidade unicamente de secretaria ou secretario sen voz nin voto na
valoración do xurado.
Cada xurado valorará a cada un dos participantes do 0 ata o 10, sendo o gañador de cada
categoría aquel que maior puntuación obteña na suma das valoracións dos xurados.
5. PREMIOS
Dentro de cada categoría establécense os seguintes premios:
INFANTIL 220 €
 INDIVIDUAL
1º PREMIO 30 €
2º PREMIO 20 €
 PARELLA
1º PREMIO 40 €
2º PREMIO 30 €
 GRUPO
1º PREMIO 60 €
2º PREMIO 40 €
ADULTOS 330 €
 INDIVIDUAL
1º PREMIO 50 €
2º PREMIO 30 €
 PARELLA
1º PREMIO 60 €
2º PREMIO 40 €
 GRUPO
1º PREMIO 100 €
2º PREMIO 50 €
COMPARSAS E CHARANGAS 800 €
1º PREMIO 300 €
2º PREMIO 250 €
3º PREMIO 150 €
4º PREMIO 100 €
A entrega de premios farase rematada a cea e antes de comezar o baile de Entroido.
Para a súa recollida os gañadores ou os seus representantes, no caso dos grupos, deberán
portar o seu DNI ou documento identificativo. Os menores de idade, se dispoñen de
documento tamén deberán aportalo e en todo caso deberán ir acompañados por nai, pai ou
representante legal que tamén deberá achegar a súa documentación.
Na recollida do premio os gañadores deberán preferentemente manter a caracterización coa
que participaron no desfile.
No caso dos grupos ou comparsas/charangas para a recollida do premio deberán estar
presentes, cando menos, un terzo dos seus membros.
No caso de ausencia ao acto de entrega de premios ou de incumprimento do contido destas
bases, o gañador perderá o dereito a reclamar o importe, pasando o premio ao seguinte
participante por orde de puntuación.
6. NORMAS COMPLEMENTARIAS
Prohíbese expresamente durante todo o evento, tanto no desfile coma na cea e baile
posteriores o emprego de elementos pirotécnicos ou de similar natureza que poidan entrañar
risco de dano ou lesión as persoas ou cousas ou que poidan arder ou xerar chama.
Asemade aquelas condutas, comportamentos ou actitudes que se considere que prexudican o
bo desenvolvemento dos actos, podendo ser orixe ou causa de incidentes entre os asistentes,
serán obxecto de penalización, especialmente aquelas que teñan carácter ofensivo, vexatorio
ou violento.
Non está permitida a participación de animais no desfile.
Todo participante, mediante a presentación da folla de inscrición, amosa a súa aceptación
destas bases, cuxo incumprimento suporía a súa expulsión do concurso.