Chega o mes de maio e con el o Mes Das Letras

VERSOS NA BAIXAMAR
Chega o mes de maio e con el o Mes Das Letras💙Puede ser una imagen de 1 persona, sentado, de pie y al aire libre
➡️O Concello de Barreiros organiza unha serie de actividades que xiran arredor da vida e obra de Xela Árias, poeta galega nada en Sarria á que se lle adican as Letras Galegas 2021.
👥O concelleiro de dinamización, Daniel García, xunto con Lois Pérez, coordinador do recital poético “Versos na Baixamar”, presentaron o programa que se levará a cabo durante este mes.
🧒👧“Cada día, a familia”. Andrea Barreira impartirá o luns 10 de maio nos colexios do municipio un obradoiro no que as crianzas traballarán sobre a figura de Xela Arias e reflexionarán sobre as familia e a súa diversidade.
💫“Versos na Baixamar”. Recital poético musical que conducirá Lois Pérez e que contará coas voces e a poesía de Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia. O evento terá lugar o vindeiro 17 de maio ás 18:00h. no centro sociocultural.
💻“Actividades virtuais”. Nos vindeiros días presentaranse actividades virtuais adaptadas a todas as idades e que servirán de pasatempo á vez que nos axuden a descubrir cousas tanto do noso concello coma das Letras Galegas.
👁Estade atentos as novidades‼️‼️