Archivo de la categoría: Carreira popular de Reis

Carreira Popular de Reis 7 Km

Carreira popular solidaria de Reis 7 Kms
Puede ser una imagen de 2 personas y texto
⏰ ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA CARREIRA E NA ANDAINA SOLIDARIA DE REIS
A Carreira Popular Solidaria de Reis é a primeira das 6 carreiras que se inclúen no Circuíto +kms Barreiros.
▶️ Barreiros, 4 de xaneiro de 2022. O Concello de Barreiros organiza para o domingo 9 de xaneiro a Carreira Popular Solidaria de Reis con categorías para menores e adultos así como unha andaina de 10 kms. que tamén terá carácter solidario. O prazo de inscrición para as dúas modalidades finaliza o día 6 de xaneiro ás 23:59 h.
A organización doará o 30% de cada inscrición da carreira así como a totalidade do recadado coas inscricións da andaina ao proxecto socioeducativo “Sinfónico no rural” da Fundación Xesús Bal y Gay que se está a levar a cabo estes meses en Barreiros. Un proxecto para achegar a música clásica e os instrumentos a calquera familia con independencia da capacidade adquisitiva ou da posibilidade desprazamento.
Ás 10:30, no campo de fútbol O Cascabeiro, darase a saída da andaina. O percorrido circular de 10 km dá a posibilidade de deterse no km 5 xa que pasa a carón do punto de saída.
As categorías de menores; todas competitivas e con cronometraxe agás a categoría de pifufos/as (2017 e posteriores), comezan ás 11 h. con diferentes percorridos e distancias tamén no campo de fútbol.
A saída da proba absoluta terá lugar ás 12 h. no Cascabeiro e discorrerá por un circuíto de 7 km. nun entorno natural que fará as delicias das e dos participantes.
Para inscribirse así como ver toda a información, desde a páxina web www.maiskmsbarreiros.gal ou www.championchipnorte.com

 ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA A CARREIRA POPULAR DE REIS E A ANDAINA SOLIDARIA

 ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA A CARREIRA POPULAR DE REIS E A ANDAINA SOLIDARIAPuede ser una imagen de 2 personas y texto

▶ O vindeiro 9 de xaneiro volve a Carreira Popular Solidaria de Reis xunto coa II Andaina Solidaria mantendo os fermosos percorridos da edición 2020; Camiño natural do Cantábrico, Lagoa dos Patos, O Xuncal… Ambas organizadas polo Concello de Barreiros.

🚶‍♂️ Info Andaina:
– Distancia de 5km ou 10km.
– Saída e chegada no campo de fútbol “O Cascabeiro”
– Hora de saída ás 10:30 h.
– Inscrición 2€ (aporte solidario) na web https://ccnorte.com/…/carreira-popular-solidaria-de…

🏃‍♀️ Info Carreira:
– Distancia para a categoría absoluta 7k.
– Saída e chegada no campo de fútbol “O Cascabeiro”
– Hora de saída ás 12:00 h.
– Inscrición: 7€ dos cales a organización doará o 30% a prol do proxecto socioeducativo “Sinfónico no rural” que a Fundación Xesús Bal y Gay está a levar a cabo en Barreiros.
– Para inscribirse www.maiskmsbarreiros.gal ou www.championchipnorte.com ata o 6 de xaneiro.

👧🧒Categorías de menores:
– Distancia según categoría
– Saída e chegada no campo de fútbol “O Cascabeiro”
• 11:00h. Pitufos/as (NADOS/AS 2017 E POSTERIORES) Non competitiva
• 11:05h. SUB – 8 (NADOS/AS 2015- 2016) Non competitiva
• 11:10h. SUB – 10 (NADOS/AS 2013-2014)
• 11:15h. SUB – 12 (NADOS/AS 2011-2012)
• 11:20h. SUB – 14 (NADOS/AS 2009-2010)
• 11:30h. SUB – 16 (NADOS/AS 2007-2008)
– Inscrición de balde ata o 6 de xaneiro en www.maiskmsbarreiros.gal ou www.championchipnorte.com

🤗 Agardámosvos a todos/as o día 9 para mesturar deporte, amizade e solidaridade.

Ver menos