“BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE SETE PERSOAS PARA REALIZAR O SERVIZO TEMPORAL DE “SALVAMENTO E SOCORRISMO NAS PRAIAS DE BARREIROS”

Impreso de solicitude

“BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE SETE PERSOAS PARA REALIZAR O SERVIZO TEMPORAL DE “SALVAMENTO E SOCORRISMO NAS PRAIAS DE BARREIROS”.
1ª .- Obxecto. As presentes bases teñen por obxecto a contratación laboral temporal de sete persoas, para realizar a obra ou servizo denominada “Salvamento e socorrismo nas praias de Barreiros”, por un prazo de dous meses a xornada completa (inclúese traballo en sábados, domingos e festivos), mediante contrato temporal de obra ou Servizo.
As condicións concretas do posto de traballo serán as seguintes:
– contrato temporal por obra ou servizo.
– duración de dous meses (dende o 1 de xullo ó 31 de agosto).
– o contrato será a xornada completa, de 37,5 horas semanais, cos descansos legalmente establecidos, podendo traballar os sábados, domingos e festivos. Dependendo das necesidades do servizo poderá establecerse, en todos ou en algún caso, horario partido, con descanso para a comida. Os traballadores, de forma voluntaria, poderán facer as horas extras que se lle propoñan por parte do coordinador do servizo.
– o horario de prestación do servizo de salvamento e socorrismo en praias en Barreiros será de luns a domingo de 12 a 19 horas. Dentro dese horario o coordinador do servizo establecerá os horarios, os turnos e a ubicación que correspondan a cada traballador, cumprindo coas condicións legais do contrato.
– o salario bruto mensual será de 1.153,77 €, que inclúe a parte proporcional das pagas extras.
– á finalización de contrato abonaráse tamen a indemnización de fin de contrato legalmente establecida, a liquidación por vacacións non disfrutadas e as horas extras que voluntariamente faga cada traballador e que non podan compensarse con horas libres.
– dentro das funcións do contrato, a maiores das labores normais de salvamento e socorrismo en praias, deberán realizar as labores de colocación e revisión do material empregado en ditas labores de salvamento e socorismo, a indicacións do coordinador do servizo.
– o concello facilitará os materiais necesarios para que podan realizar de forma correcta as súas funcións.
2ª .- Financiación. Esta contratación financiarase con fondos propios municipais.
3º.- Forma de Selección. A selección farase en base a criterios obxectivos e recollerase na correspondente acta elaborada e asinada pola secretaria-interventora que dará fé dos datos
recollidos na mesma.
4ª.- Presentación de solicitudes. O concello publicará as bases no taboleiro de anuncios municipal e na páxina web para que as persoas interesadas podan presentar a súa solicitude ata o día 25 de xuño. Tamen se solicitará oferta na Oficina de Emprego de Ribadeo, xa que terán preferencia os aspirantes que estean en situación de desemprego. Os aspirantes deberán estar en posesión do curso de salvamento e socorrismo acuático, así como o de primeios auxilios e estar inscritos no Rexistro de socorristas de espazos acuáticos naturais da Xunta de Galicia.
5ª.- Admisión de Aspirantes. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, realizarase a selección dos aspirantes, conforme ós seguintes criterios obxectivos:
– En primeiro lugar seleccionaranse a todos os menores de trinta anos, tendo preferencia os de menor idade sobre os de maior idade e a igual idade, tendo preferencia as mulleres sobre os homes.
– En segundo lugar, si non se cubren así todas as prazas, seleccionarase ós maiores de trinta anos, tamen tendo preferencia os de menor idade sobre os de maior idade, e as mulleres sobre os
homes.
– En caso de empate realizaranse probas físicas acordes cos servizos a prestar. Estas probas poderán realizarse igualmente para acreditar a condición física dos aspirantes, si así se considera necesario polo coordinador do servizo.
6ª.- Órgano de Contratación. a Alcaldesa da Corporación, á vista da valoración de todo o proceso, dictará resolución acordando a contratación das persoas que considere máis axeitadas.”