A Peña Barcelonista San Miguel, de San Miguel de Reinante, empeza unha nova temporada

A Peña Barcelonista San Miguel, de San Miguel de Reinante, empeza unha nova temporada, na que agarda seguir organizando actividades de todo tipo.
Para este mes de setembro ten previstas duas. O vindeiro domingo 18 de outubro celebrará a sua tradicional churrascada de comezo de temporada, na que logo de dar boa conta dunha comida, falarase das actividades e viaxes a facer durante a tempada 2016-2017.
Para o día 24 de setembro están organizando un desprazamento a Xixón, para animar ó Barça no estadio do Molinón, no partido que o enfrontará ó Sporting. A expedición peñística sairá de San Miguel de Reinante o mesmo sábado ás 10 da mañá, coa intención de facer una pequena visita turísta á cidade asturiana, comer e asistir ó partido de fútbol que será ás 16.30 h. A volta está prevista cando remate o partido.
E xa para o mes de outubro, a peña está formando parte da organización das carreias e andaina Monte Comado, que terán lugar os días 15 e 16 de outubro en Santiago de Reinante. Toda a información sobre este evento podese obter en www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com
A peña anima a todo-los afeccionados da zona a unirse a eles para ver os partido por Tv no restaurante Oliñas do Mar, sito na praia de Benquerencia.
Asimesmo, calquer persoa que desexe facerse socio da peña, pode informase no teléfono 625 82 10 44. A cota é de 36 € por temporada.