A Oficina de Turismo de Barreiros abre nunha nova localización

Puede ser una imagen de texto que dice "Oficina Municipal de Turismo Abrimos! Nova ubicación appadra Barreiros a"

Barreiros, 24 de marzo de 2021. O venres 26 de marzo e de cara á Semana Santa abre a Oficina de Turismo de Barreiros que contará cunha nova ubicación. Este servizo prestarase no recibidor da entrada do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O horario de atención ao público durante a Semana Santa será o seguinte:
Desde o venres 26 de marzo ata o sábado 3 de abril:
Mañás: de 10.00h a 13.30h.
Tardes: de 16.00h a 19.00h.
Domingo 28 e luns 29 pechada.

O Concello de Barreiros formalizou a contratación dunha nova Técnica de Turismo no mes de xaneiro. Dende o primeiro momento estívose traballando na adecuación deste espazo para a prestación deste servizo demandado por veciños e visitantes. Así, dotouse de mobiliario e adaptouse o espazo á normativa Covid e ás necesidades propias deste traballo.

Poden poñerse en contacto a través do correo [email protected], no teléfono 982 134 400 / 606 835 626 e a través das redes sociais de Instagram e Facebook co nome de “Barreiros Turismo”.