A ALCALDESA DE BARREIROS TRASLADOULLE AO CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL A NECESIDADE DUN TRACTOR E UNHA MOTOBOMBA

Puede ser una imagen de 1 persona, barba, de pie y calzado

A ALCALDESA DE BARREIROS TRASLADOULLE AO CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL A NECESIDADE DUN TRACTOR E UNHA MOTOBOMBA

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, acompañou -xunto con parte da corporación- ao conselleiro de medio rural na visita realizada ás instalacións dunha empresa do polígono de Barreiros que acolle alumnado en prácticas de FP.

Durante a visita, aproveitou para trasladarlle a necesidade de que o concello de Barreiros conte con un novo tractor co que poder realizar labores de desbroce e traballar así na loita contra os incendios e a limpeza de espazos públicos, solicitándolle axuda da Xunta de Galicia para “un investimento imposible de asumir en solitario polo Concello.”

A alcaldesa detallou que “o tractor que posúe Barreiros ten unha antigüidade de case vinte anos, polo que require de importantes labores de mantemento e arranxos, tanto para a súa preparación para a tempada de desbroce como durante a mesma, que supoñen un gasto e unha ralentización de ditos traballos.”

Por esta razón, Ana Ermida solicitou a axuda da Xunta de Galicia para contar no concello con medios suficientes e de calidade para atender as necesidades da poboación, xa que contar cos camiños e estradas en bo estado de mantemento é fundamental para evitar problemas non só de lumes, senón tamén de choivas torrenciais.

🚒Vehículos motobomba operativos para apagar incendios na Mariña.
Outra das cuestións que Ana Ermida trasladou ao conselleiro foi a necesidade de renovar o parque de motobombas municipais na Mariña, xa que as existentes teñen na súa maioría máis de 30 anos e supoñen que non estean operativas na maior parte da tempada, por sufrir importantes roturas e avarías de gran calado.

A alcaldesa explicoulle ao conselleiro que Barreiros conta na actualidade con unha motobomba cedida polo Concello de Lugo despois de que a municipal, do ano 1989, quedara inutilizada tras unha importante avaría o ano pasado. Neste sentido, pola ubicación e a súa centralidade á hora de acudir a incidencias que poidan darse en calquera punto da comarca, trasladoulle a importancia de que Barreiros conte con un vehículo motobomba novo e operativo en caso de incendios.

A alcaldesa manifestoulle a imposibilidade de que os concellos e, especialmente os pequenos concellos do rural, poidan asumir en solitario estes investimentos; polo que lle solicitou a colaboración da administración galega á hora de dotar de medios ao conxunto da poboación, con independencia de onde vivan.

Ver menos