Festival de Nadal no colexio de San Cosme

Festival de Nadal no colexio de San Cosme

Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros disfrutaron hoxe dunha gran Festa de Nadal, cargada de ledicia, actuacións, poesía, agasallos e música e cun fío conductor marcado polo compromiso e a integración. Os estudantes maiores exerceron de mestres de ceremonia explicando ao público as dificultades que teñen moitos nenos para acceder ao ensino ou para comer ou para atopar auga corrente, facendo referencias a frases célebres de Einstein e Gandhi, entre outros.
As actuacións e intervencións fixéronse en castelán, galego, inglés e linguaxe de signos.
A festa estivo organizada polo equipo docente.

Fotos Cope de La Costa: