Escola Infantil Municipal

A Escola Infantil Municipal de Barreiros, “O Bítere”, acolle o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos) e ten dúas funcións.

Unha función educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención individualizada a través dun programa global que favorece o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo e social dos/as nenos/as. E unha función social coa fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Na actualidade conta con 43 prazas divididas en 3 unidades.

A Escola Infantil presta os seus servizos os doce meses do ano, de luns a venres en horario de 8:00 horas da mañá a 20:00 horas da tarde, agás nos meses de xullo e agosto, nos que a escola presta os seus servizos de 8:00 horas da mañá a 18:00 horas da tarde.

PRAZOS:

  • Solicitude de reserva de praza para nenos/as xa matriculados, Do 1 ó 20 de marzo.
  • Solicitude de reserva de praza para nenos/as non matriculados, Do 1 ó 30 de abril.
  • Publicación da lista de admitidos, excluídos, vacantes ou lista de espera. 10 de maio (reclamacións nun prazo de 10 días).
  • Publicación da lista definitiva de admitidos, excluídos, vacantes ou lista de espera. 31 de maio.
  • Matrícula do 1 ó 15 de xuño.
  • Escola de Verán, matrícula por orde de chegada. Desde o 1 de xuño.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

Documentación reserva de praza e lista de espera:

  1. Documentación acreditativa da situación familiar:
    • 1 fotocopia do libro de familia.
    • Fotocopia do D.N.I ou pasaporte do pai/nai ou titor/a legal.
    • Certificado de empadroamento da unidade familiar.
    • Documentación de incidencias tales como: separación, abandono do fogar, maltrato, etc.
    • No caso dalgunha enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar, certificado expedido polo organismo correspondente ou outros documentos nos que consten incidencias familiares, económicas ou sociais susceptibles de puntuación.
    • Informes dos Servizos Sociais nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental ou pola situación especial na que viva a unidade familiar.
  2. Documentación acreditativa da situación económica:

    • 1 copia da declaración da Renda ou, no seu defecto, certificado emitido pola delegación de Facenda acreditando os ingresos anuais.

    • En casos de nulidade matrimonial, separación e divorcio, considerarase a renda de quen exerza a patria potestade.

    • Tarxeta de desempregado/a.

 Documentación para matrícula:

  • Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social.
  • Certificado médico do/a neno/a.
  • Carné de vacinación actualizado.
  • 2 fotos.
  • Número da conta bancaria en caso de pagar taxa de asistencia. Cubrir impreso de domiciliación bancaria na escola.

Localización da Escola Infantil Municipal de Barreiros:

Imaxes:
Escuela Infantil Municipal de Barreiros
Escuela Infantil Municipal de Barreiros