A SEGURIDADE DOS DATOS NO MÓBIL E O EMPREGO DE GOOGLE ANALYTICS

NA AULA CEMIT DE BARREIROS PODERANSE SEGUIR DÚAS VÍDEO CONFERENCIAS OS DÍAS 7 E 19 DE ABRIL NAS QUE SE ABORDARÁ A SEGURIDADE DOS DATOS NO MÓBIL E O EMPREGO DE GOOGLE ANALYTICS.

Data de publicación:
mércores, 6 Abril, 2016 – 15:51

Na Aula CeMIT do Concello barreirense poderanse seguir nas vindeiras xornadas dúas vídeo conferencias. A primeira delas terá lugar mañá, 7 de abril, de catro a sete da tarde e versará sobre a seguridade dos nosos datos no móbil. A vídeo conferencia realizarase desde o CDITC de Santiago de Compostela. Segundo explican desde a Aula CeMIT “as persoas que asistan a esta sesión recibirán unha introdución á seguridade en dispositivos móbiles, coa revisión das diferentes ameazas, riscos e mecanismos de control para facer un uso o máis seguro posible dos dispositivos móbiles”.

A segunda vídeo conferencia será o 19 de abril en horario de catro a sete da tarde e leva por título Quen visita a túa web. Google Analytics. Realizarase tamén desde Compostela “e os asistentes serán capaces de comprender o valor e a importancia da analítica web no márketing en liña así como de empregar Google Analytics e os seus indicadores para mellorar e controlar o rendemento das súas webs”.

– See more at: http://www.concellodebarreiros.com/gl/noticias/na-aula-cemit-de-barreiros-poderanse-seguir-duas-video-conferencias-os-dias-7-e-19-de-abril#sthash.KstN2H4d.dpuf