Obras que vén de realizar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana nos accesos a Barreiros pola Espiñeira.

Puede ser una imagen de 4 personas, personas de pie y al aire libre

A alcaldesa, Ana Ermida, e a segunda tenente da alcaldía, Carmen Veiga, visitaron as obras que vén de realizar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana nos accesos a Barreiros pola Espiñeira.

Puede ser una imagen de 2 personas y al aire libre

👥 As representantes municipais puideron comprobar o avance destas obras, que se rematarán nos vindeiros días coa sinalización e pintado, que foron solicitadas desde o goberno municipal de Barreiros; coñecedor da alta intensidade de tráfico que soporta dita vía e a necesidade que presentaba.
👷Dito ministerio está a realizar tamén outras actuacións en vías da súa titularidade, como a renovación das varandas de seguridade na zona de Reinante ou o mantemento e limpeza de zonas próximas a viais.
🤝 O goberno municipal agradece a disposición da entidade estatal na atención das demandas trasladadas e a mellora das necesidades existentes.