A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA QUE O SERGAS ABANDONA A ATENCIÓN PEDIÁTRICA SISTEMÁTICAMENTE NOS CONCELLOS DE MONDOÑEDO,  LOURENZÁ E BARREIROS

 A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA QUE O SERGAS ABANDONA A ATENCIÓN PEDIÁTRICA SISTEMÁTICAMENTE NOS CONCELLOS DE MONDOÑEDO,  LOURENZÁ E BARREIROS.

A baixa sen substituir da profesional que atende estes Concellos provoca situacións vergoñentas e  inadmisibles,xa que non hai pediatra para atender as patoloxías das crianzas.

A Plataforma sanitaria ven de coñecer que ausencia xustificada da pediatra que atende os concellos de Mondoñedo,Lourenzá e Barreiros de novo está sen substituir. Únicamente o Sergas  habilitou un/unha facultativa de familia unhas horas  en quenda de tarde para a atención protocolizada de neno san de cero a tres anos  e para vacinacións.

Se ben esta medida alixeira algo a presión asistencial pediátrica nestas localidades, o realmente grave desta situación é o feito de que as nenas e nenos de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros  non son vistos  por pediatras cando teñen algunha enfermidade , salvo caso de  gravidade, xa que tampouco hai pediatras nos PACS e no sevizo de urxencias do  hospital da Mariña son vistos pol@s facultativ@s de urxencias en primeira instancia. Resulta cando menos sorprendente tamén, que o servizo de Urxencias do hospital da Mariña non dispoña de pediatras no mesmo para atender ás nenas e nenos que entran pola porta, sendo dos poucos – por non dicir o único-  hospital que carece destes profesionais  en urxencias.

Esta situación non é nova e o Sergas sabe da indignación que existe nas nais e pais d@s nen@s destas localidades  e cónstanos que as demandas lles chegaron por escrito, pois durante os meses de outubro , novembro e decembro fixéronse efectivas máis de dúascentas cincuenta reclamacións destes tres concellos  demandando un servizo de pediatría estable e continuado.

 

 

 

 

 

 

Desde o colectivo sanitario queremos advertir que de tanto tensar a corda co caso da deficiente atención pediátrica na comarca e no país, esta pode romper desencadenando unha rebelión social masiva de consecuencias incertas. “ A Plataforma sanitaria xa está a estudar a situación para analizar e decidir que actuacións levaremos a cabo e que ,en todo caso serán contundentes”  conclúen desde o colectivo.

 

Para máis información chamar a  Victor Vila  677343429 ou a Montse Porteiro 615187637